Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41247

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mondariz

ANUNCIO de exposición pública do expediente de orde de execución para a xestión da biomasa vexetal (expediente 673/2022).

En cumprimento do previsto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

«3. Cando non se poida determinar a identidade da persoa responsable da xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas ou resulte infrutuosa a notificación da comunicación a que se refire o número anterior, esta efectuarase mediante un anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, no cal se incluirán os datos catastrais da parcela. Nestes supostos, o prazo para o cumprimento computarase desde a publicación do anuncio».

En vista de que os titulares dos bens que se relacionan a continuación son descoñecidos ou ben resultou infrutuosa a súa notificación, comunícaselles ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, nas parcelas que se describen a continuación:

Nº de expediente relacionado

Titular catastral

Referencia catastral

Parroquia

Nome do lugar

659/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A085029780000MW

Toutón

Pedra do Cuco

897/2020

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A049003720000MF

Mondariz

Pedras

691/2020

Carlos Eugenio Reboreda Fernández

36030A039003790000MK

Mondariz

Costoia

5/2021

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A038002400000MT

Mondariz

 

586/2021

Laura María Rodríguez Casal

36030A030000800000MF

Lougares

Pedreira

587/2021

Veciños de Lougares

36030A030001370000ML

Lougares

Fixaco

715/2021

Socorro González Iglesias

36030A009004680000ME

Mouriscados

Cacharamba

721/2021

José Mariño Carrera

36030A050005400000MG

Mondariz

Concieira

799/2021

Carmen Soto Pregal

36030A011000330000MF

Meirol

Marco

832/2021

Antonio Costa Meleiro

36030A054015660000MU

Vilar

Monte Mina

834/2021

José Marcelo Fombellida Mazano

36030A054015680000MW

Vilar

P. Mouro

838/2021

Antonio Iglesias López

36030A054015720000MA

Vilar

Rueta

841/2021

Manuel Iglesias Bugarín

36030A054015750000MG

Vilar

P. Mouro

842/2021

Francisca Fernández Iglesias

36030A054015760000MQ

Vilar

Gorgullón Peq.

844/2021

Secundina Otero Barcia

36030A054015780000ML

Vilar

P. Mouro

845/2021

Constantina González Arjones

36030A054015790000MT

Vilar

P. Mouro

847/2021

Concepción Reboreda Bugarín

36030A053003260000ME

Riofrío

Satura

848/2021

José Bugarín Barcia

36030A053002110000MY

Riofrío

Carrasca

956/2021

María Alcira Couñago S-S

36030A054000530000MU

Toutón

Ramallos

957/2021

Hermelinda Alvariño Alvariño

36030A054000540000MH

Toutón

Ramallos

959/2021

Manuel Iglesias Bugarín

36030A062000620000MZ

Toutón

Barreiro

999/2021

Beatriz Domínguez Taboas

36030A009000040000MP

Mouriscados

Pilanco

1083/2021

Concepción Mor Pérez

36030A016004190000MP

Vilasobroso

Pena

1241/2021

José Seoane Suárez

36030A085020040000MK

Toutón

Gouzal

1243/2021

Alberto Landeira Álvarez

36030A075007850000MU

Sabaxáns

Crouco

146/2022

(Herdeiros de) Antonio Fernández Otero

9709305NG4790N0001ER

Mouriscados

 

239/2022

Recaredo Couñago González

36030A062001410000MT

Toutón

Barreiro

241/2022

Domingo García S-S

36030A053003640000MU

Riofrío/Vilar

M. Queima

274/2022

Manuel Amil

5525102NG4752N0001TX

Vilasobroso

 

389/2022

En investigacion, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A049003280000MY

Mondariz

Cavada

674/2022

Veciños de Lougares

36030A030001420000MF

Lougares

Fixaco

675/2022

(Herdeiros de) Quintín Gómez García

36030A071022640000MO

Riofrío

Hervilla

676/2022

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A075007970000ML

Sabaxáns

Crouco

677/2022

En Investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A075008000000MF

Sabaxáns

Crouco

678/2022

En investigación, artigo 47 da Lei 33/2003

36030A075008020000MO

Sabaxáns

Crouco

680/2022

Manuel Faro Estévez

36030A075008040000MR

Sabaxáns

Seixedos

En virtude do anterior, comunícase que na acta de inspección realizada se comprobou que nas referidas parcelas se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, comunícaselles ás persoas responsables que dispoñen dun prazo máximo de quince (15) días naturais para xestionar a biomasa nas parcelas citadas, que se computará a partir do día seguinte ao da publicación desta notificación.

Transcorrido o dito prazo, e en caso de que persista o incumprimento, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.4 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda.

As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o acceso necesario para a realización dos traballos de xestión da biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta Lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a) A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b) O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c) A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta Lei, pola presenza dunha ordenanza municipal ao respecto (Ordenanza reguladora de limpeza de terreos, xestión de biomasa forestal e das distancias de plantación para a prevención e a defensa contra os incendios forestais do concello de Mondariz, do 13 de decembro de 2018) para as infraccións cometidas en terreos urbanos, de núcleo rural e urbanizables delimitados será competencia da respectiva Administración local. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves e graves corresponderalle á persoa titular da Alcaldía e a dos expedientes pola comisión de infraccións moi graves, ao Pleno do Concello, de conformidade co establecido no artigo 21.ter.2 desta lei:

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia), sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve: 1.000 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave, a contía máxima da sanción será de 100.000 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Recursos: contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pódese interpoñer, alternativamente, o recurso de reposición potestativo, ante a Alcaldía deste concello, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, conforme o artigo 46 da Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

No caso de optar por interpoñer o recurso potestativo de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

De se interpoñer o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo establece o artigo 124.2 da referida Lei 39/2015. Entenderase desestimado o recurso de reposición polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa notificada, de conformidade co establecido no artigo 126.3 do mesmo texto legal. Os interesados poderán entón interpor recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses, contados desde o día seguinte a aquel en que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Mondariz, 1 de xullo de 2022

Xosé Emilio Barros Bello
Alcalde