Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41252

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de delegación de competencias do Concello de Silleda para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva de todos os recursos de dereito público.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 23 de xuño de 2022, acordou aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e no artigo 106.3 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a delegación de competencias que realizou o Concello de Silleda por acordo do Pleno na sesión de data do 31 de marzo de 2022 para desenvolver as facultades de recadación en vía executiva de todos os recursos de dereito público nos termos que constan na certificación do acordo remitida polo Concello de Silleda á Deputación e que figura no expediente.

A citada delegación realizarase pola Deputación de Pontevedra a través dos seus servizos tributarios.

O que se fai público para xeral coñecemento e demais efectos.

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución nº 2019012988 do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía, Facenda e ORAL

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra