Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 12 de xullo de 2022 pola que se empraza a interesada no procedemento ordinario 154/2022 no expediente de reposición da legalidade POL/33/2014-RP2.

Para os efectos de darlle cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario 154/2022, interposto pola persoa con DNI 76870309P, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística no recurso de reposición o 10 de marzo de 2022, interposto contra outra do 20 de xuño de 2020 (expediente POL/33/2014-RP2), na cal se impón unha multa por importe de 2.365,79 euros e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á completa demolición e retirada das obras de ampliación consistentes en chanzos de madeira, instalación dunha plataforma de madeira sobre unha cimentación corrida de tabiques de ladrillo tomados con morteiro de cemento, habitáculo de madeira con dúas portas e grella metálica portátil, na parcela coa referencia catastral 36022A2027009280000EB, no lugar de Raeiros, Paxareiros, no concello do Grove, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non se poder realizar a notificación persoal do emprazamento, mediante esta cédula (que, ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas -LPACAP-, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a Nélida Garrido Garrido para que se poida presentar como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística