Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Venres, 22 de xullo de 2022 Páx. 41241

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2022, do Servizo Provincial de Lugo, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación e formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción de acondicionamento da LU-710, puntos quilométricos 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10, no concello de Baralla.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2 a competencia da Comunidade Autónoma galega no desenvolvemento lexislativo e na execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

Con data do 4 de febreiro de 2022, a Dirección Xeral da Axencia Galega de Infraestruturas aprobou o proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, puntos quilométricos 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10.

Con data do 21 de abril de 2022, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do acondicionamento da LU-710, puntos quilométricos 0+000-4+500, de clave LU/17/103.10, no concello de Baralla, mediante o Decreto 49/2022, publicado no Diario Oficial de Galicia en data do 3 de maio de 2022.

A tramitación do expediente expropiatorio debe axustarse ao disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do seu Regulamento do 26 de abril de 1957.

En consecuencia, este servizo, en virtude da competencia delegada mediante Orde do 7 de setembro de 2017 sobre delegación de competencias no secretario xeral técnico e noutros órganos e entidades públicas adscritos a esta consellería, publicada no DOG nº 179, do 20 de setembro de 2017, resolveu convocar aos titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do Concello de Baralla, para que comparezan no lugar, na data e nas horas que se detallan a seguir, co fin de proceder ao levantamento das actas previas á ocupación, nas cales se recollerán os datos necesarios para determinar os dereitos afectados, o valor destes e os prexuízos determinantes da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladaren ao lugar dos predios se o consideran necesario.

Concello de Baralla.

Lugar: salón de plenos do Concello de Baralla.

Data: 23 de agosto de 2022, das 8.45 ás 14.15 horas.

De: Becerra López Carlos a Fernández Rodríguez Alejandro.

Concello de Baralla.

Lugar: salón de plenos do Concello de Baralla.

Data: 24 de agosto de 2022, das 8.45 ás 14.15 horas.

De: Fernández Tourón Elena Carmen a Méndez Rodríguez María del Pilar.

Concello de Baralla.

Lugar: salón de plenos do Concello de Baralla.

Data: 25 de agosto de 2022, das 8.45 ás 13.00 horas.

De: Méndez Villares Manuel a Villares Rodríguez Pilar.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente estarán expostos no concello de Baralla e no Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo (Edificio Administrativo, rolda da muralla, nº 70, 27071 Lugo), e publicarase no seguinte enlace da páxina web da consellería:

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/avisos?content=/Portal-Conselleria6/Avisos/resolucions/aviso_0306.html

Así mesmo, realizarase a convocatoria aos interesados ao levantamento das actas previas mediante notificación individual.

Ao dito acto deberán acudir os titulares afectados persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, xuntando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade (e, de ser o caso, outra documentación que se requira, xustificante do pagamento do IBI...), así como certificado de conta con códigos IBAN e BIC, co fin de realizar os sucesivos pagamentos que sexan procedentes mediante transferencia bancaria, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notarios.

Así mesmo, en cumprimento do disposto no artigo 49 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, este servizo, unha vez levantadas as actas previas á ocupación, e habilitado o crédito oportuno, realizará o pagamento, mediante transferencia bancaria, do importe dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación. No suposto de non ter presentado o certificado de titularidade da conta bancaria, con códigos IBAN e BIC, e a copia do DNI, consignarase o importe na Caixa Xeral de Depósitos, conforme o disposto no artigo 51 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957.

En cumprimento do artigo 55 do Regulamento de expropiación forzosa do 26 de abril de 1957, neste mesmo acto, convócase ao acto de formalización das actas de ocupación o cal terá lugar, logo de producirse o aboamento dos depósitos previos e indemnizacións por rápida ocupación, no lugar e na data que se indican:

Concello de Baralla.

Lugar: salón de plenos do Concello de Baralla.

Data: 19 de outubro de 2022, das 8.30 ás 14.30 horas.

De: Becerra López Carlos a Gómez Ramos María Olga.

Concello de Baralla.

Lugar: salón de plenos do Concello de Baralla.

Data: 20 de outubro de 2022, das 8.30 ás 13.30 horas.

De: Lombardía Santiso Antonio a Villares Rodríguez Pilar.

No mesmo acto ofertaránselles aos propietarios as valoracións establecidas pola Administración para cada un dos predios en concepto de mutuo acordo.

O presente acordo faise público, para xeral coñecemento, advertindo aos titulares que na acta figurarán os donos da cousa ou titulares do dereito expropiado, non admitíndose representación senón por medio de poder debidamente autorizado (notarial, xudicial ou do consulado), xa sexa xeral ou particular para este caso, debendo achegar a documentación necesaria para acreditar a sucesión en caso de figurar o terreo a nome de herdeiros; e que se deberá identificar co documento nacional de identidade.

Co fin de que os actos derivados dos procedementos expropiatorios se realicen de acordo coas medidas preventivas do risco de contaxio ante a situación provocada polo coronavirus COVID-19, serán aplicables as medidas de prevención recollidas no anexo da Resolución do 12 de xuño de 2020 e posteriores modificacións, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta, do 12 de xuño de 2020, sobre medidas de prevención necesarias para facer fronte á crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

En todo caso, é necesario pór en coñecemento dos interesados as seguintes indicacións:

• Os interesados poderán confirmar a data e a hora fixadas para a celebración do acto ou, no caso de concorreren motivos de inconveniencia por razóns de saúde e/ou de adopción de medidas que afecten favorablemente a prevención de contaxios, poderán propoñer outro horario diferente para este, logo de cita confirmada polo persoal de contacto.

• No momento da atención, tanto o persoal da Administración e da Asistencia Técnica como o expropiado usarán máscara de protección, respectando en todo momento a distancia de seguridade fixada. Para tales efectos, establécese a obriga de asistir ao acto provisto de máscara de hixiene adecuada e etiqueta respiratoria. Porén, a Administración facilitará a máscara no caso de que os expropiados non dispoñan dela.

• En caso de detectarse posibles síntomas compatibles coa COVID-19 nalgunha persoa presente, seguiranse obrigatoriamente as indicacións realizadas polas autoridades sanitarias para o efecto.

• Deberán asistir unicamente as persoas estritamente necesarias para realizar o trámite.

• Establécese a obriga de permanecer no local de reunión o tempo estritamente necesario.

• Non se poderá acudir no caso de presentar febre (>37º) ou síntomas de problemas respiratorios.

Lugo, 5 de xullo de 2022

Gerardo Pallares Sánchez
Xefe do Servizo Provincial de Lugo