Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40846

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono industrial Lalín 2000.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lalín, na sesión ordinaria do día 29 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente o expediente de modificación puntual do Plan de sectorización da cuarta fase do polígono industrial Lalín 2000, de iniciativa particular, promovido pola entidade Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A.

De conformidade co disposto no artigo 75.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, exponse o expediente ao público polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poida ser examinado polos interesados, nas dependencias da Secretaría municipal deste concello, e presenten, se é o caso, as alegacións ou reclamacións que consideren pertinentes.

Lalín, 5 de xullo de 2022

O alcalde
P.D. (Decreto da Alcaldía do 14 de agosto de 2020;
BOP núm. 162, do 24 de agosto)
Raquel Lorenzo Fernández
Concelleira delegada de Urbanismo