Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Mércores, 20 de xullo de 2022 Páx. 40847

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se aproba definitivamente o estudo de detalle para a adaptación de aliñacións no ámbito do Plan parcial do SU-10, na Costiña, Rouxique, parroquia de Vilalonga, Sanxenxo (expediente 2020006195).

O Pleno do Concello de Sanxenxo, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de maio de 2002, aprobou definitivamente o estudo de detalle para a adaptación de aliñacións no ámbito do Plan parcial do SU-10, A Costiña, o que se publica para o seu xeral coñecemento e en cumprimento do disposto nos artigos 82 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento.

O documento aprobado definitivamente poderá consultarse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Sanxenxo (https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal/info) ata a súa publicación na páxina web de planeamento da Xunta de Galicia (http://siotuga.xunta.gal/siotuga).

Contra o presente acordo, de conformidade co disposto no artigo 112.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que aproba unha disposición de carácter xeral, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contado desde o día seguinte á súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Todo isto sen prexuízo da posibilidade de interpoñer calquera outro recurso que puidese considerar máis conveniente ao seu dereito.

Sanxenxo, 21 de xuño de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente