O Decreto 53/2019 prevé a concesión, con carácter anual, de ata un máximo de tres condecoracións, baixo a denominación Medalla Emilia Pardo Bazán, para o recoñecemento de accións relevantes en prol da igualdade entre mulleres e homes, coa finalidade de recoñecer publicamente as accións desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia por parte de persoas, colectivos, entidades ou institucións, tanto públicas como privadas, que teñan contribuído e destacado na defensa da igualdade de dereitos e oportunidades entre mulleres e homes.
O artigo 14 do Decreto 53/2019 prevé que a concesión da medalla se efectuará por orde da persoa titular da consellería con competencias en materia de igualdade, a quen lle corresponderá adoptar a decisión de outorgar a medalla ás persoas propostas pola Comisión de Valoración.
Tendo en conta a proposta efectuada pola Comisión de Valoración o día 11 de xullo de 2022 e o previsto no artigo antes indicado, mediante esta orde concédese a Medalla Emilia Pardo Bazán ás persoas e entidades que se indican a seguir.
Polo exposto,
DISPOÑO:
Conceder a Medalla Emilia Pardo Bazán a:
– Cristina Fernández Pasantes.
– Asociación Integro.
– Fundación María José Jove.
Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2022
María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade