Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Luns, 18 de xullo de 2022 Páx. 40294

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

DECRETO 129/2022, do 7 de xullo, polo que se aproba o cambio de titularidade do treito final da estrada DP-5802 (punto quilométrico 0+850 ao 1+060) a prol da Xunta de Galicia.

Segundo o artigo 9.4 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, os cambios de titularidade das estradas ou dos treitos delas, cando non se trate de travesías urbanas ou de treitos delas que estean incluídos no inventario de travesías da súa Administración titular, deberán ser aprobados por decreto da Xunta de Galicia, por proposta da consellería competente en materia de estradas e logo do acordo entre as administracións afectadas.

Por outra parte, a citada Lei de estradas dispón, no seu artigo 9.7, que os cambios de titularidade poderán abranguer estradas, treitos delas, elementos funcionais e/ou espazos da zona de dominio público adxacente.

Con data do 3.4.2017 abriuse ao tráfico un novo acceso ao porto de Lorbé, a través da AC-526. As expropiacións necesarias para a súa construción, así como as obras, foron realizadas pola Axencia Galega de Infraestruturas. A estrada autonómica AC-526 non chega ata o porto, xa que no seu treito final se solapa coa estrada provincial DP-5802, que constituía o antigo acceso ao porto.

Esta zona de solapamento, treito final da estrada provincial DP-5802, constitúe o tramo cuxa titularidade se solicita incorporar á Rede Autonómica de Estradas de Galicia, que permitirá manter a continuidade da estrada autonómica AC-526 ata o porto de Lorbé e cumprir coa súa finalidade como acceso ao dito porto. Este treito discorre entre o p.q. 0+850 e o p.q. 1+060 da estrada provincial DP-5802, e ten unha lonxitude de 210 metros.

A Axencia Galega de Infraestruturas, vistos os informes emitidos polos servizos competentes, formulou a proposta favorable á transferencia de titularidade do treito que se define no artigo 1.

De conformidade co anteriormente exposto, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día sete de xullo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Artigo 1

Aprobar o cambio de titularidade a prol da Xunta de Galicia de:

Clave

Treito

p.q.i

Coordenadas UTM (ETRS89)

p.q.f

Coordenadas UTM (ETRS89)

DP-5802

Treito final de acceso ao Porto de Lorbé

0+850

X = 556.555

Y = 4.804.451

1+060

X = 556.740

Y = 4.804.397

Artigo 2

Modificar, en aplicación do artigo 10.6.a) da LEG, o Catálogo da Rede Autonómica de Estradas de Galicia aprobado polo Decreto 100/2021, do 24 de xuño, no sentido de reflectir este cambio de titularidade e corrixir a nomenclatura, datos e xeometría da estrada AC-526 que quedaría do seguinte xeito:

Clave

Denominación

Treito

p.q.i

p.q.f

Lonxitude treito (km)

Lonxitude total (km)

Categoría funcional

Clase de estrada

Provincia

AC-526

Veigue (VG-1.3)-porto de Lorbé

Veigue (VG-1.3)-porto de Lorbé

0+000

1+200

1,20

1,20

Local

Estrada convencional

A Coruña

O documento do catálogo e as súas modificacións posteriores poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade (https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/tema/c/CIV_Infraestruturas_Estradas).

Artigo 3

En aplicación dos números 4 e 6 do artigo 10 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, a Deputación provincial da Coruña deberá modificar o seu catálogo de estradas para excluír o citado treito final a que se refire este decreto.

Artigo 4

De acordo co establecido no artigo 9.6 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, o cambio de titularidade será efectivo o día seguinte ao da publicación deste decreto no Diario Oficial de Galicia. A entrega dos bens formalizarase no prazo dos dous meses seguintes a esta publicación mediante a sinatura da correspondente acta de entrega.

Esta acta de entrega e os seus planos poderán consultarse na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade: https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/estradas/rede-autonomica/raega

Artigo 5

Correspóndelle á Xunta de Galicia, a partir da formalización da entrega, todas as actividades de xestión, mantemento, conservación e explotación, así como o exercicio das funcións de disciplina viaria e calquera outra que puider corresponderlle como nova Administración titular.

Disposición derradeira

Este decreto producirá efectos desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, sete de xullo de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade