Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Venres, 15 de xullo de 2022 Páx. 40072

III. Outras disposicións

Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

DECRETO 128/2022, do 14 de xullo, polo que se concede a Medalla de Galicia na súa categoría de ouro.

O artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, establece as medallas que, anualmente, se poderán outorgar nas súas distintas categorías.

Tendo en conta o previsto no artigo antes indicado, o Goberno galego ten a vontade de outorgarlles a súa máis alta distinción ás persoas que se indican a seguir.

Polo tanto, por proposta do vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e logo do acordo do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catorce de xullo de dous mil vinte e dous,

DISPOÑO:

Conceder a Medalla de Ouro de Galicia a:

– Julián Barrio Barrio.

– Paolo Caucci von Saucken.

– Begoña Valdomar Insua, en nome dos hospitaleiros do Camiño de Santiago.

– Asociación Discamino.

– José Carro Otero, a título póstumo.

Santiago de Compostela, catorce de xullo de dous mil vinte e dous

Alfonso Rueda Valenzuela
Presidente

Diego Calvo Pouso
Vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia,
Xustiza e Deportes