Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Xoves, 14 de xullo de 2022 Páx. 39934

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 4 de xullo de 2022 pola que se modifica a autorización do CPR Marcote, de Vigo.

A persoa representante da titularidade do CPR Marcote, de Vigo, solicita a modificación da autorización para impartir, na modalidade presencial en réxime ordinario, o ciclo formativo de grao medio (CM) Preimpresión Dixital, e o ciclo formativo de grao superior (CS) Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia.

Logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Modificar a autorización do centro para impartir, na modalidade presencial en réxime ordinario, as ensinanzas do CM Preimpresión Dixital, e o ciclo formativo de grao superior CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia, e o centro queda configurado como se detalla a seguir:

– Denominación xenérica: centro privado (CPR).

– Denominación específica: Marcote.

– Código del centro: 36015822.

– Domicilio: avenida da Ponte, 80.

– Localidade: Vigo.

– Código postal: 36318.

– Municipio: Vigo.

– Provincia: Pontevedra.

– Titular: Campus Politécnico Aceimar, S.L.

Composición resultante:

a) Modalidade presencial, réxime ordinario.

• CM Actividades Comerciais (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Preimpresión Dixital (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Sistemas Microinformáticos e Redes (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CM Xestión Administrativa (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Administración e Finanzas (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Asistencia á Dirección (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Automatización e Robótica Industrial (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Comercio Internacional (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Deseño e Edición de Publicacións Impresas e Multimedia (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Márketing e Publicidade (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Promoción de Igualdade de Xénero (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

• CS Transporte e Loxística (2 unidades para 20 postos escolares cada unha).

b) Modalidade semipresencial e a distancia, réxime de persoas adultas.

• CM Actividades Comerciais.

• CM Sistemas Microinformáticos e Redes.

• CM Xestión Administrativa.

• CS Administración e Finanzas.

• CS Asistencia á Dirección.

• CS Automatización e Robótica Industrial.

• CS Comercio Internacional.

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma.

• CS Desenvolvemento de Aplicacións Web.

• CS Márketing e Publicidade.

• CS Promoción de Igualdade de Xénero.

• CS Transporte e Loxística.

Artigo 2. Inicio da actividade

Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación do profesorado que impartirá docencia nos devanditos ciclos, así como o equipamento.

Artigo 3. Inscrición no rexistro de centros

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 4. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando deban modificarse calquera dos datos que sinala a presente orde.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación,
Formación Profesional e Universidades