Pola Resolución da valedora do Pobo, do 15 de novembro de 2021, convocouse concurso de méritos para a provisión de dúas prazas vacantes do corpo auxiliar nesta institución. A convocatoria foi publicada no Boletín Oficial del Parlamento de Galicia nº 231 e no Diario Oficial de Galicia nº 225, ambos do 23 de novembro de 2021.
Finalizada a tramitación do procedemento correspondente, vista a proposta da Comisión de Avaliación e de acordo co establecido na base 8 da convocatoria, en exercicio das funcións que me atribúe a Lei 6/1984, do 5 de xuño, do Valedor do Pobo, e o artigo 7.l) do Regulamento de organización e funcionamento da institución,
RESOLVO:
Adxudicar as prazas de auxiliar administrativo aos funcionarios que figuran a continuación:
Denominación do posto |
Nº de orde |
Grupo |
C. específico |
Nome e apelidos |
DNI |
Auxiliar administrativo |
15 |
D (subgrupo C2) |
16.378,04 € |
Valentín André Fernández |
***7104** |
Auxiliar administrativo |
16 |
D (subgrupo C2) |
16.378,04 € |
José Francisco Sánchez-Brunete Varela |
***6541** |
O prazo de toma de posesión será de 10 días hábiles, que empezará a contar desde o día seguinte ao do cesamento na Administración de orixe dos funcionarios aos cales se lles adxudica o posto. O dito cesamento deberá efectuarse dentro dos tres días seguintes ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante a valedora do Pobo, no prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2022
María Dolores Fernández Galiño
Valedora do Pobo