En cumprimento do punto 2 do citado acordo,
RESOLVO:
Ordenar a publicación do Acordo de nomeamento como persoal funcionario de carreira das persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 13 de xullo de 2020 (DOG nº 148, do 24 de xullo), como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2022
José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
ANEXO
Acordo da Comisión de Goberno polo que se nomea como persoal funcionario de carreira as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xullo de 2020 (DOG nº 148, do 24 de xullo)
Mediante o Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia do 13 de xullo de 2020, publicado pola Resolución do 15 de xullo de 2020 no DOG nº 148, do 24 de xullo, convocouse proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2) na institución.
Tras cumprirse a totalidade de actuacións previstas para o citado proceso, por medio da Resolución do 24 de maio de 2022, do tribunal designado para cualificar o proceso de consolidación, publicada no DOG nº 107, do 16 de xuño, quedou determinada a lista de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde da puntuación obtida, á vez que esta se elevou á Comisión de Goberno coa proposta de nomeamento das persoas seleccionadas como funcionarias de carreira. Con posterioridade, de acordo co sinalado na base II.3 en relación coa IV.3, ambas da citada Resolución do 15 de xullo de 2020, o aspirante seleccionado no oitavo lugar foi desprazado pola seguinte aspirante seleccionada, ao non presentar a documentación requirida no prazo procesual outorgado para o efecto.
De conformidade coas bases IV.4 e 5 da devandita Resolución do 15 de xullo de 2020, unha vez realizado o acto de elección de destinos polos aspirantes seleccionados, no uso das facultades conferidas polo artigo 9 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas, e 12.c) do seu Regulamento de réxime interior, adóptase o seguinte acordo:
Primeiro. Nomear persoal funcionario de carreira do Consello de Contas de Galicia, subgrupo C2, os aspirantes seleccionados que se relacionan no anexo do presente acordo, ordenados de acordo coa puntuación final obtida, así como adxudicarlles como destinos definitivos os que figuran no mesmo anexo.
Para adquiriren a condición de persoal funcionario de carreira, as persoas a que se refire o anexo deste acordo deberán cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación deste acordo.
Segundo. Publicar no DOG este acordo, con indicación dos nomes das persoas nomeadas e os destinos adxudicados.
Terceiro. Contra este acordo, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o Pleno do Consello de Contas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido no artigo 91.2 do Regulamento de réxime interior da institución. A resolución desestimatoria poderá, pola súa vez, impugnarse ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa
ANEXO
Núm. |
DNI |
Apelidos e nome |
Código do posto |
Denominación |
Niv. |
C. especif. |
F. prov. |
Subgrupo |
Corpo/escala |
Adscr. A. P. |
Tit. acad. |
Formación |
Observ. |
1 |
***8359** |
Naveiro Suárez, Mª Pilar |
CC.F02.09.13 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
2 |
***9750** |
Fernández Pazos, Pilar |
CC.F02.09.12 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
3 |
***1488** |
Cernadas Meijide, Jesusa |
CC.F02.09.09 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
4 |
***8729** |
Barreiro Lence, Consuelo |
CC.F02.09.08 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
5 |
***5097** |
Delgado Varela, Mª José |
CC.F02.09.10 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
6 |
***3563** |
Sousa Rodríguez, Emilia |
CC.F02.09.15 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
7 |
***6169** |
Pérez Pardo, Mª Ángeles |
CC.F02.09.14 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |
|||
8 |
***5623** |
Fernández Martínez, María |
CC.F02.09.11 |
Auxiliar administrativo/a |
16 |
9.622,32 |
CE |
C1/C2 |
Xeral/especial |
A12 |