Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39471

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Chantada

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual número 8 do Plan xeral de ordenación municipal (expediente G655/2022).

O Pleno municipal adoptou na sesión extraordinaria do 30 de xuño de 2022, o acordo seguinte:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación do Plan xeral de ordenación municipal do concello de Chantada nos termos que figuran no expediente.

Segundo. De conformidade co artigo 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, abrir un período de información pública durante un prazo de dous (2) meses, mediante un anuncio no taboleiro de edictos único do concello, no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia.

Terceiro. Dar traslado da documentación ao órgano competente en materia de urbanismo.

A documentación comprensiva da modificación estará ademais á disposición dos interesados na páxina web e na sede electrónica do Concello de Chantada, mediante as ligazóns https://chantada.sedelectronica.es e http://www.concellodechantada.org

Chantada, 1 de xullo de 2022

Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
Alcalde