Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Luns, 11 de xullo de 2022 Páx. 39472

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de aprobación dos convenios urbanísticos de execución do planeamento cos propietarios nas rúas Aguillón 7, de Entrecasas 14 e Aguillón 6 para a ampliación da vía (expedientes 620/2021/112, 620/2021/113 e 620/2021/114).

O 16 de febreiro de 2022, a Xunta de Goberno Local aprobou os convenios urbanísticos de execución do planeamento para a obtención da superficie destinada a vías locais nas rúas Aguillón 7 (referencia catastral: 6220606NJ4062S0001RZ), de Entrecasas 14 (referencia catastral: 6220605NJ4062S0001KZ) e Aguillón 6 (referencia catastral: 6220306NJ4062S0001GZ), que se formalizaron o 3 de marzo de 2022.

O texto íntegro destes convenios publicouse no Boletín Oficial da provincia da Coruña nº 98, do 19 de maio de 2022.

A Coruña, 6 de xuño de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 26.6.2019; BOP nº 124, do 3 de xullo)
Francisco Dinís Díaz Gallego
Concelleiro delegado de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade