No Boletín Oficial da provincia de Ourense número 137, do 16 de xuño de 2022, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover mediante o sistema de concurso-oposición, en quenda de promoción interna unha praza de coordinador/a de emprego e desenvolvemento local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais.
Unha praza de administrativo/a-responsable de tesouraría, pertencente á escala de Administración xeral, subescala administrativa.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse na forma prevista nas propias bases.
A Gudiña, 17 de xuño de 2022
José María Lago Cabo
Alcalde