Por Resolución da Alcaldía Presidencia, do 14 de xuño de 2022, aprobouse a oferta de emprego público ordinaria do Concello de Carballeda de Valdeorras correspondente ao ano 2022 para a estabilización do emprego temporal de conformidade coa Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, cuxa parte dispositiva se transcribe a seguir:
1º. Aprobar a oferta de emprego público ordinaria do Concello de Carballeda de Valdeorras correspondente ao ano 2022 na cal se inclúen as seguintes prazas:
A) Persoal funcionario:
– 1 praza de auxiliar administrativo/a, grupo D, subgrupo C2.
– 1 praza de encargado/a de servizos, grupo D, subgrupo C2.
B) Persoal laboral:
– 1 praza de traballadora social, grupo 2, a xornada completa.
– 2 prazas de auxiliar de axuda a domicilio, grupo 7, a tempo parcial, cunha xornada de 33 h/semana.
– 1 praza de auxiliar de axuda a domicilio, grupo 7, a tempo parcial, cunha xornada de 25 h/semana.
– 1 praza de auxiliar de axuda a domicilio, grupo 7, a tempo parcial, a media xornada.
2º. Publicar a devandita oferta no taboleiro de anuncios da Corporación (sede electrónica concellocarballedavaldeorras.com), no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, e proceder no seu momento á convocatoria dos correspondentes procedementos de selección de acceso con publicación no BOE, DOG e BOP.
3º. Remitir a certificación ao Ministerio de Facenda e Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos.
4º. Dar conta desta resolución ao Pleno na próxima sesión ordinaria que se realice.
Carballeda de Valdeorras, 16 de xuño de 2022
Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa