Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Xoves, 7 de xullo de 2022 Páx. 38798

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2022, da Xefatura Territorial da Coruña, sobre a solicitude de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).

Expediente: IN408A 2020/179.

Solicitante: AV Paxareiras II, S.L.U.

Proxecto: LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II.

Concello: Dumbría (A Coruña).

Feitos:

1. O 21.12.2020, AV Paxareiras, S.L.U. presentou perante a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais a solicitude de autorización administrativa previa, autorización administrativa de construción e aprobación do proxecto sectorial, e solicitou a avaliación de impacto ambiental simplificada.

2. O 26.5.2021, como resposta a un requirimento da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, AV Paxareiras, S.L.U. presentou a seguinte documentación modificada: solicitude de autorización, proxecto de execución, proxecto sectorial, documentación ambiental, separatas e arquivos shape coas correspondentes modificacións, e solicitou a substitución da documentación anteriormente presentada e a continuación da tramitación do proxecto, así como a avaliación ambiental simplificada.

3. O 19.10.2021, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolveu formular o informe de impacto ambiental do modificado do proxecto da liña, e non considerou necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria. Este informe fíxose público a través do DOG e da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

4. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Paxareiras II e as súas infraestruturas de evacuación, ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu, o 29.7.2021, declarar a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II (expediente IN408A 2020/179), de acordo co establecido no artigo 44.2 da dita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

5. O 20.10.2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais remitiu o expediente a esta xefatura territorial para a continuación da súa tramitación administrativa, conforme o exixido no artigo 33.9 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

6. En resposta ao requirimento efectuado por esta xefatura territorial o 3.11.2021, o 9.11.2021 a promotora presentou unha nova relación de bens e dereitos afectados, incluíndo os predios afectados polas instalacións previstas para a xestión de residuos.

7. En resposta ao requirimento efectuado por esta xefatura territorial o 19.11.2021, o 26.11.2021 a promotora presentou documentación adicional, consistente nunha nova versión do proxecto de execución asinado o 25.11.2021 e con declaración responsable do técnico proxectista, do proxecto de interese autonómico, da RBDA e das separatas para o concello de Dumbría e Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U.

8. O 14.12.2021, esta xefatura territorial ditou un acordo polo que se someteron a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa, a declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, a autorización administrativa de construción, o documento ambiental e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico-PIA) do proxecto LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña) (expediente IN408A 2020/179).

9. O acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia núm. 244 do 22.12.2021 e no xornal La Voz de Galicia da mesma data. Tamén se expuxo no taboleiro de anuncios do Concello de Dumbría, segundo certificado emitido o 17.1.2022, e nas dependencias desta xefatura territorial, segundo certificado emitido o 5.5.2022, así como no portal web da consellería, onde puido accederse á documentación do proxecto.

10. No DOG núm. 6, do 11.1.2022, publicouse unha corrección de erros do anuncio de información pública, no senso de eliminar a referencia á exposición ao público do documento ambiental do proxecto, xa que o proxecto non tiña que someterse a avaliación de impacto ambiental ordinaria segundo o informe ambiental do 19.10.2021.

11. A continuación, resúmese o contido das alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, recollidas no anexo desta resolución:

a) Rexeitamento ao proxecto con fundamento ao Informe da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais elaborado polo Consello da Cultura Galega e outros escritos de carácter ambiental.

b) Non poder acceder ao documento de estudo de impacto ambiental do expediente.

c) Vulneración da Directiva 92/43/CEE, a falta de xustificación da utilidade pública e interese e retorno social, a vulneración da Lei galega de montes e o prexuízo para a actividade agrogandeira e polas afeccións aos recursos hídricos.

d) Existencia de erros na relación de bens e dereitos afectados, maioritariamente en relación cos datos catastrais e dos usos do solo e a valoración das afeccións ás súas propiedades.

e) Que se considere o prexuízo da tramitación de urxencia do expediente e que non se outorgue a DUP para chegar a acordos ca promotora.

f) Que Galicia é excedentaria en produción de enerxía eléctrica, que a capacidade de acollida en Galicia de proxectos desta natureza xa está saturada, a perda de poboación nas áreas afectadas, que na zona de implantación se están a acometer outros proxectos e, polo tanto, o impacto ambiental e a tramitación dos proxectos debería ser conxunto, que o Plan sectorial eólico de Galicia non está vixente de acordo coa Lei 21/2013 e que se teña en consideración o Informe da Comisión Técnica Temporal sobre Enerxía Eólica e Paisaxes Culturais, do Consello da Cultura Galega. Solicitude de nulidade do informe do impacto ambiental da liña onde se determina a súa tramitación polo trámite ambiental simplificado, ausencia de trámites ambientais, prexuízos sobre diferentes especies, bosques e hábitats existentes na zona, afeccións a núcleos rurais próximos e lugares peculiares ou identitarios, ao patrimonio cultural e arqueolóxico de Galicia, ás calidades das augas e zonas húmidas e fontes e defectos no estudo ambiental.

g) Valoración da compatibilidade ou prevalencia da instalación eléctrica sobre o aproveitamento forestal.

12. As alegacións recibidas foron remitidas á promotora, que contestou en defensa dos seus intereses.

13. O 20.12.2021 remitíronse, para a emisión dos correspondentes condicionados técnicos, as separatas do proxecto de execución aos seguintes organismos e empresas de servizo público: Augas de Galicia, Concello de Dumbría, Deputación da Coruña, Red Eléctrica de España, S.A., EDP HC Energía, S.A., Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U., Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A., UFD Distribución, S.A. e Telefónica de España, S.A. Dentro do prazo establecido non se recibiron os condicionados do Concello de Dumbría, EDP HC Energía, S.A., Red Eléctrica de España, S.A.U. e Deputación da Coruña, polo que se entende a súa conformidade co proxecto e se continúa a tramitación do procedemento.

14. Ao mesmo tempo, solicitouse o informe sobre o proxecto de interese autonómico aos seguintes organismos: Augas de Galicia, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Instituto de Estudos do Territorio, Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Sección de Minas desta xefatura territorial, Concello de Dumbría, Deputación da Coruña, Subdelegación do Goberno en Galicia, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual.

Na data de elaboración desta proposta non se recibiran os informes da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, Dirección Xeral de Patrimonio Natural, Dirección Xeral de Telecomunicacións e Ordenación dos Servizos de Comunicación Audiovisual, Concello de Dumbría e Deputación Provincial da Coruña.

15. O 20.12.2021 solicitouse á Sección de Minas desta xefatura territorial o seu informe en relación co trámite de compatibilidade cos posibles dereitos mineiros afectados. O informe emitiuse o 11.1.2022.

16. O 28.4.2022, AV Paxareiras II, S.L.U. presentou un documento titulado «Refundido do proxecto de interese autonómico LAT 66 kV evacuación do P.E. Paxareiras II» en que se teñen en conta os informes emitidos por Augas de Galicia, Instituto de Estudos do Territorio e Sección de Minas.

17. O 2.5.2022, os servizos técnicos desta xefatura territorial emitiron o informe relativo á normativa de instalacións industriais e eléctricas.

18. O 10.5.2022, o Servizo de Enerxía e Minas desta xefatura territorial emitiu unha proposta de resolución da instalación eléctrica LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).

Consideracións legais e técnicas:

1. O xefe territorial é competente para resolver este expediente segundo o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, e o artigo 39.a) do Decreto 230/2020, do 23 de decembro (DOG do 11 de xaneiro de 2021), polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

2. A lexislación aplicable neste expediente é a que a seguir se relaciona:

a) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

b) A Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

c) O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

d) O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

e) O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

f) O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

g) A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

3. As características básicas do proxecto son:

Solicitante: AV Paxareiras II, S.L.U.

Enderezo: rúa Faraday, 1, 2º dta. Polígono industrial do Tambre, 15890 Santiago de Compostela.

Denominación do proxecto: LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II.

Núm. expediente: IN408A 2020/179.

Concello afectado: Dumbría.

Orzamento total: 901.769,72 €.

Prazo de execución: cinco meses.

4. O obxecto da instalación proxectada atende á consideración de instalación de conexión de central de xeración (artigo 30 do Real decreto 1955/2000) e ten como finalidade a de evacuar a enerxía xerada polo parque eólico (P.E.) Paxareiras II (de 24 MW, con núm. de expediente IN661A 2011/8, en tramitación e promovido por AV Paxareiras, S.L.U.). Proxéctase unha liña de alta tensión (LAT) de 66 kV, de 7.255,10 metros de lonxitude, con inicio na subestación eléctrica transformadora (SET) do P.E. Paxareiras II e remate na SET colectora Lagoa. Tanto a SET do P.E. Paxareiras II (núm. de expediente IN661A 2011/8, en tramitación) como a SET colectora Lagoa 30-66/220 kV (antes chamada Regoelle, núm. expediente IN407A 2016/3040-1, en funcionamento) son obxecto doutros proxectos independentes.

5. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

A LAT obxecto da presente tramitación componse de dous tramos aéreos e outros dous tramos soterrados, dispostos do seguinte xeito:

– O primeiro tramo aéreo ten orixe no pórtico da SET do P.E. Paxareiras II e remate no apoio de paso aero-soterrado (PAS) núm. 11 (situado nas coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=493354,51 e Y=4758446,95).

– O tramo soterrado núm. 1 ten a súa orixe no apoio PAS núm. 11 e remata no apoio de PAS núm. 12 (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=493415,39 e Y=4759396,46), cunha lonxitude de 1.070 metros.

– O segundo tramo aéreo ten orixe no apoio PAS núm. 12 e remate no apoio PAS núm. 25 (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=495900,5408 e Y=4762304,5117).

– O tramo soterrado núm. 2 parte do apoio de PAS núm. 25 e remata na posición de liña na SET colectora Lagoa (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=495971,9225 e Y=4762233,9247), cunha lonxitude de 189,50 m.

A configuración dos tramos aéreos é de simple circuíto simplex, con armados en disposición triangular, con condutor 94 AL1/22-ST1A e cable de garda de fibra óptica de tipo OPGW-24, sendo a lonxitude total do trazado aéreo de 5.995,60 metros. O tendido aéreo realízase sobre 25 apoios de celosía de aceiro.

Os tramos soterrados levan unha terna de cables tipo RHZ1 36/66 kV 3×1×240 mm² Al, soterrados en gabia baixo tubo PEAD, con disposición en triángulo, cable de comunicacións PKP e de conexión equipotencial de posta terra en RV 0,6/1 kV 1×Cu 185 mm².

6. No trámite de consulta a organismos en relación coas separatas ao proxecto e o proxecto de interese autonómico, recibíronse os seguintes informes.

a) O 27.12.2021, Telefónica de España, S.A. informou que non ten obxección á execución do proxecto sempre que se cumpra a normativa vixente en relación cos paralelismos e cruzamentos con liñas de telecomunicación e, en particular, os regulamentos electrotécnicos de alta e baixa tensión.

b) O 5.1.2022, UFD Distribución, S.A. informou que non pon obxeccións ao proxecto, condicionado ao cumprimento das prescricións técnicas e regulamentarias establecidas na lexislación aplicable.

c) O 13.1.2022, a Sección de Minas desta xefatura territorial emitiu un informe en que indica que, na actualidade, no ámbito desta actuación non constan dereitos mineiros vixentes, nin dereitos mineiros caducados pendentes de concurso. Tampouco hai planificación sectorial ou protección no ámbito mineiro que poida interferir na execución do proxecto. Porén, considera que na redacción proposta no proxecto de interese autonómico relativa á regulación das condicións de uso e licenza dos terreos cualificados se están a vulnerar os preceptos legais contidos nos artigos 122 da Lei 22/1973, de minas, e 14.3 da Lei 3/2008, de ordenación da minaría de Galicia, no sentido de que calquera prohibición contida nos instrumentos de ordenación sobre actividades incluídas na Lei de minas deberá ser motivada e non poderá ser de carácter xenérico. O informe remitiuse á promotora, que indica que non existe impedimento ningún a que no futuro se solicite un aproveitamento mineiro, sen máis reparo que a consideración de que a dita solicitude observe o que estipule a lexislación vixente e, en concreto, solicite a correspondente compatibilidade e/ou prevalencia coa infraestrutura eléctrica.

d) O 19.1.2022, o Instituto de Estudos do Territorio emitiu un informe en que indica que para atenuar as afeccións á paisaxe deberanse adoptar, ademais das medidas preventivas e correctoras propostas pola promotora, aqueloutras medidas de integración paisaxística que se sinalan no informe sobre o documento ambiental, emitido polo IET o 9.7.2021.

e) O 25.1.2022, Xallas Electricidad y Aleaciones, S.A. (Xeal) emitiu un informe en que estableceu unha serie de reparos en relación cos cruzamentos da liña en proxecto coas liñas de alimentación á súa instalación. O informe remitiuse á promotora, que contestou presentando aclaracións aos reparos de Xeal. A contestación foi remitida a Xeal, que non formulou novos reparos.

f) O 2.2.2022, o organismo Augas de Galicia emitiu un informe en que conclúe que non é previsible que a LAT poida causar afeccións a bens, instalacións, obras ou servizos dependentes desa Administración, tendo en conta as consideracións para tal efecto referidas no seu informe. Deberán recollerse as directrices sinaladas no informe, así como as indicadas na documentación sometida a informe.

g) O 24.3.2022, Greenalia Wind Power Alto da Croa II, S.L.U. emitiu un informe en que non mostra inconveniente á execución das obras, condicionado ao cumprimento das prescricións técnicas e regulamentarias establecidas na lexislación aplicable, indicando tamén unha serie de directrices que cumprir.

h) No que respecta á consulta remitida á Subdelegación do Goberno en Galicia:

O 3.2.2022, a Área de Fomento da Subdelegación do Goberno en Galicia informou que o proxecto non ten incidencia no Inventario de bens e dereitos do Estado, nin existen infraestruturas xestionadas polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana que se poidan ver afectadas.

O 10.1.2022, a Dirección Xeral de Política Enerxética e Minas informou que a zona obxecto de estudo podería estar afectada por infraestruturas eléctricas de transporte, distribución ou xeración. Informa que non existe nese Ministerio rexistro centralizado e xeorreferenciado desas infraestruturas; polo tanto, para coñecer as afeccións concretas deberán consultar as empresas que exercen actividades de transporte, distribución ou xeración na zona. Por outra banda, de acordo coa documentación que consta nese centro directivo, maniféstase que polo termo municipal de Dumbría non discorre ningunha infraestrutura gasista ou petrolífera cuxa competencia corresponda á AXE.

O 4.2.2022, a Subdirección Xeral do Patrimonio do Ministerio de Defensa informou que o proxecto non se atopa afectado por servidumes aeronáuticas de instalacións do Exército do Aire, nin afecta zonas de seguridade das súas unidades e instalacións, polo que non existen reparos por parte do Estado Maior do Aire para que se continúe coa tramitación do expediente.

7. No que respecta ás alegacións presentadas durante a tramitación do expediente, visto o seu contido, as respostas efectuadas pola promotora e o resto de documentación que consta no expediente, cómpre manifestar o seguinte:

a) No relativo ás alegacións de carácter ambiental, cabe indicar que este proxecto foi sometido ao trámite de avaliación de impacto ambiental simplificada, resultado do cal a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, o 19.10.2021, formulou o informe de impacto ambiental (IIA) do modificado do proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U., que conclúe que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria, e se recollen as condicións desde un punto de vista ambiental en que pode desenvolverse o proxecto, así como as medidas correctoras e compensatorias necesarias.

En consecuencia, o trámite de información pública non prevé ningún procedemento de avaliación ambiental, polo que non se poden tomar en consideración as alegacións neste sentido. Non obstante, cómpre subliñar que, de acordo co artigo 47.5 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, contra o informe de impacto ambiental (IIA) non procederá recurso ningún, sen prexuízo de que aqueles que teñan a condición de interesados, aos que se lles notificará a resolución desde expediente, procedan en vía administrativa ou xudicial fronte ao acto que poña fin ao procedemento.

b) En relación con que o Plan sectorial eólico de Galicia non está vixente de acordo coa Lei 21/2013, cómpre mencionar, a título de exemplo, a sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 21.3.2022 (PO 7419/2020), que no seu fundamento de dereito terceiro establece:

«...En todo caso, non se pode ignorar que no noso territorio contamos cun Plan eólico de Galicia, aprobado polo Acordo gobernativo do 1.10.1997 e modificado polo do 5.12.2002, que se manteñen vixentes tras a aprobación da Lei de aproveitamento eólico de 2009, cuxo artigo 1.a) impón tal planificación, de acordo cos criterios que se enumeran no seu artigo 5, entre os cales se encontran non só a produción de enerxía eléctrica, senón tamén o seu impacto sobre o tecido industrial e o desenvolvemento socioeconómico e tecnolóxico, pero sen esquecer o impacto ambiental que as instalacións ocasionen,...».

Polo tanto, a Lei 8/2009 ampara a plena vixencia e aplicabilidade do plan eólico preexistente mentres non se aprobe un novo plan, ao establecer na súa disposición transitoria terceira que «mentres non se aprobe un novo plan sectorial de Galicia se entenderá aplicable o actualmente vixente en todo aquilo que non se opoña ao establecido nesta lei».

En consecuencia, non se pode admitir esta alegación.

c) En canto a que a tramitación dos proxectos (parque e liña) debería ser conxunta con outros proxectos eólicos do contorno, a tramitación separada do parque eólico con subestación transformadora (66/30 kV) e a liña de evacuación non se corresponde cun fraccionamento, entendendo como tal un «mecanismo artificioso de división dun proxecto co obxectivo de evitar a avaliación de impacto ambiental ordinaria, no caso de que a suma das magnitudes supere os limiares establecidos no anexo I». É dicir, a cautela que prevé a Lei 21/2013 é a de evitar que, por esa vía, se deixe de aplicar o mecanismo de maior protección ambiental; a avaliación de impacto ambiental ordinaria. No caso de parques eólicos próximos entre si non é posible (mediante o fraccionamento) evitar o seu sometemento ao procedemento ordinario de avaliación ambiental, pola obriga de ter que considerar os efectos sinérxicos ou acumulativos con outros parques xa construídos e/ou avaliados.

Debemos ter en conta que estas instalacións formarán parte dunha única instalación de produción (21.5 da Lei 24/2013), e as instalacións conxuntas de conexión coa rede de transporte (subestación colectora Lagoa 220/66 kV) xa foron obxecto de tramitación nun proxecto independente, onde van confluír diversas instalacións de produción de diferentes promotores ou solicitantes.

En concreto, para esta instalación de produción (P.E. Paxareiras II + instalación de conexión de xeración) a propia Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece dous diferentes órganos substantivos; a dirección xeral competente en materia de enerxía para autorización do parque eólico e, para a liña de evacuación, a Xefatura Territorial da Coruña (conforme a disposición adicional terceira da Lei 8/2009, do 22 de decembro), sen prexuízo da competencia do Consello da Xunta de Galicia en caso de oposición de organismos ou doutras entidades de dereito público.

Á vista do anteriormente exposto, enténdese que esta alegación debe ser desestimada.

d) En relación coas alegacións sobre a procedencia do trámite de urxencia, deben ser desestimadas, xa que o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o parque eólico Paxareiras II e as súas infraestruturas de evacuación, ao abeiro do establecido nos artigos 42 e 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresariais en Galicia, modificada pola Lei 3/2018, do 26 de decembro, de medidas fiscais e administrativas, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, polo que a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu, o 29.7.2021, declarar a tramitación de urxencia do procedemento administrativo correspondente á LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II (expediente IN408A 2020/179), de acordo co establecido no artigo 44.2 da dita Lei 5/2017 e no artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administración públicas, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

De conformidade co artigo 33.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non caberá recurso ningún contra o acordo que declare a aplicación da tramitación de urxencia ao procedemento, sen prexuízo do procedente contra a resolución que poña fin ao procedemento.

e) En relación coa suposta falta de xustificación para a utilidade pública e para o interese e retorno social, debemos ter presente que o artigo 54 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece:

1) Decláranse de utilidade pública as instalacións eléctricas de xeración, transporte, distribución de enerxía eléctrica e as infraestruturas eléctricas das estacions de recarga de vehículos eléctricos de potencia superior a 250 kW, para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos necesarios para o seu establecemento e da imposición e exercicio da servidume de paso.

2) Esta declaración de utilidade pública esténdese para os efectos da expropiación forzosa de instalacións eléctricas e das súas localizacións cando por razóns de eficiencia enerxética, tecnolóxicas ou ambientais sexa oportuna a súa substitución por novas instalacións ou a realización de modificacións substanciais nelas.

No mesmo senso, o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, establece que para os efectos previstos no título IX da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e normativa que o desenvolve, ou normas que as substitúan, se recoñece a utilidade pública das instalacións incluídas no ámbito da Lei autonómica, acordada polo órgano competente establecido no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en conta que a actividade de xeración de enerxía eléctrica ten a consideración de servizo de interese económico xeral e que o recoñecemento da utilidade pública das instalacións está implícito na lexislación sectorial, esta alegación carece de fundamento e debe ser desestimada.

f) En relación cos erros nos datos catastrais, dos usos do solo e a valoración das afeccións ás súas propiedades recollidas na relación de bens e dereitos afectados, a promotora deberá ter en conta as correccións propostas de cara ao futuro trámite de levantamento de actas previas á ocupación, nos casos en que non acade un acordo cos propietarios. Nesas actas faranse constar todas as manifestacións e datos que as partes acheguen e que sexan útiles, entre outros aspectos, para determinar o valor daquilo que se expropia e os posibles prexuízos ocasionados pola rápida ocupación.

g) En relación coa urxente ocupación, débese sinalar que o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, establece no seu punto quinto que a declaración de utilidade pública suporá en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados, e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa e concordantes da Lei 24/2013, do 27 de novembro, do sector eléctrico, ou normas que as substitúan.

h) En canto á solicitude de que se valore a compatibilidade ou prevalencia dos intereses de aproveitamento forestal sobre a instalación eléctrica, debemos sinalar que no artigo 45 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, se recolle este procedemento só no caso da concorrencia de utilidades ou interese público.

8. A continuación, recóllese a información exixida nas letras a) e b) do artigo 42.2 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, con respecto do Informe de impacto ambiental (IIA) da liña eléctrica de alta tensión 66 kV de evacuación do parque eólico Paxareiras Ii, no Concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U., formulado pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 19.10.2021, e recollida no feito terceiro desta resolución:

a) Na epígrafe 5 do IIA recóllese a proposta, que literalmente di: «Logo da avaliación de impacto ambiental simplificada realizada, proponse formular o informe de impacto ambiental nos termos recollidos ao longo deste documento, en cumprimento do disposto no artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental».

De conformidade coa mencionada proposta, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático resolve: Formular o informe de impacto ambiental do modificado do proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría (A Coruña), promovido por AV Paxareiras, S.L.U., concluíndo que non son previsibles efectos significativos sobre o ambiente e, polo tanto, non se considera necesario someter o proxecto á avaliación de impacto ambiental ordinaria.

Esta resolución non exime a promotora de obter cantas autorizacións, licenzas, permisos ou informes sexan necesarios para a execución do proxecto.

b) O IIA que nos ocupa refírese ás instalacións da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II. Na epígrafe 4 do IIA recóllense as condicións que complementan, matizan ou subliñan as incluídas no estudo de impacto ambiental e a restante documentación avaliada, distribuídas nos seguintes ámbitos:

4.1. Protección da atmosfera.

4.2. Protección das augas e leitos fluviais.

4.3. Protección do solo e infraestruturas.

4.4. Xestión de residuos.

4.5. Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais.

4.6. Protección do patrimonio cultural.

4.7. Integración paisaxística e restauración.

4.8. Protección ante accidentes graves ou catástrofes.

4.9. Programa de vixilancia e seguimento ambiental.

4.10. Outras condicións.

9. No expediente administrativo consta un informe no cal se establece que:

a) O proxecto técnico denominado Liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, en que se desenvolven o deseño e cálculos da instalación eléctrica descrita no punto «Características técnicas da instalación», cumpre cos requisitos mínimos establecidos no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

b) A solicitude feita por AV Paxareiras, S.L.U., de outorgamento da autorización administrativa previa, da autorización de construción e da declaración, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura de evacuación do parque eólico Paxareiras II, recollida no proxecto denominado Liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, cumpre cos requisitos legais e considérase que procede que o órgano substantivo continúe coa súa tramitación administrativa.

10. O Servizo de Enerxía e Minas propón outorgar a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e declarar a utilidade pública, en concreto, da liña de alta tensión 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179), coa imposición de determinadas condicións que considera que se deben ter en conta na resolución.

De acordo con todo o que antecede,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar a autorización administrativa previa para a liña de alta tensión 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).

Segundo. Outorgar a autorización administrativa de construción para o proxecto de execución das instalacións da liña de alta tensión 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, asinado polo enxeñeiro técnico industrial Iván Vaz Diéguez, colexiado núm. 3844 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais da Coruña:

– Proxecto LAT 66 kV evacuación Paxareiras II. No termo municipal de Dumbría (A Coruña). Novembro 2021, con declaración responsable do 24.5.2021.

As características principais recollidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: AV Paxareiras II, S.L.U.

Enderezo para os efectos de notificacións: vía Faraday, nº 1, 2º, polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela (A Coruña).

Denominación do proxecto: LAT 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II.

Núm. de expediente: IN408A 2020/179.

Concello afectado: Dumbría (A Coruña).

Orzamento de execución material: 901.769,72 €.

Características técnicas das instalacións eléctricas:

Liña de alta tensión a 66 kV, composta por dous tramos aéreos e outros dous tramos soterrados, dispostos do seguinte xeito:

– O primeiro tramo aéreo ten orixe no pórtico da SET do P.E. Paxareiras II e remate no apoio de paso aero-soterrado (PAS) núm. 11 (situado nas coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=493354,51 e Y=4758446,95).

– O tramo soterrado núm. 1 ten a súa orixe no apoio PAS núm. 11 e remata no apoio de PAS núm. 12 (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=493415,39 e Y=4759396,46), cunha lonxitude de 1.070 metros.

– O segundo tramo aéreo ten orixe no apoio PAS núm. 12 e remate no apoio PAS núm. 25 (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=495900,5408 e Y=4762304,5117).

– O tramo soterrado núm. 2 parte do apoio de PAS núm. 25 e remata na posición de liña na SET colectora Lagoa (coordenadas ETRS 89 (fuso 29): X=495971,9225 e Y=4762233,9247), cunha lonxitude de 189,50 m.

A configuración dos tramos aéreos é de simple circuíto simplex, con armados en disposición triangular, con condutor 94 AL1/22-ST1A e cable de garda de fibra óptica de tipo OPGW-24, sendo a lonxitude total do trazado aéreo de 5.995,60 metros. O tendido aéreo realízase sobre 25 apoios de celosía de aceiro.

Os tramos soterrados levan unha terna de cables tipo RHZ1 36/66 kV 3×1×240 mm² Al, soterrados en gabia baixo tubo PEAD, con disposición en triángulo, cable de comunicacións PKP e de conexión equipotencial de posta á terra en RV 0,6/1 kV 1×Cu 185 mm².

Terceiro. Declarar a utilidade pública do proxecto de liña de alta tensión 66 kV evacuación P.E. Paxareiras II, no concello de Dumbría, promovida por AV Paxareiras, S.L.U. (expediente IN408A 2020/179).

Segundo o artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, a declaración de utilidade pública implica en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, e concordantes da Lei 24/2013, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

Cuarto. A presente autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

a) Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, AV Paxareiras II, S.L.U. constituirá, con carácter previo ao inicio das obras, unha fianza para garantir o cumprimento do deber de restaurar os terreos ocupados pola liña eléctrica na fase de obras. O importe da fianza fíxase, por proposta da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, en 15.781 euros, dos cales 6.763 corresponden á fase de obra e 9.017 á de desmantelamento e abandono.

A fianza correspondente á fase de obra depositarase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias. A súa devolución efectuarase de acordo co establecido no artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, unha vez depositada a fianza para garantir a obriga de restaurar os terreos ocupados na fase de desmantelamento.

b) De conformidade coa disposición transitoria cuarta, número 3, da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, a promotora disporá dun prazo de tres anos, contado desde a notificación da autorización administrativa de construción, para solicitar a correspondente autorización de explotación. En caso de incumprimento, poderá producirse a revogación das mencionadas autorizacións nos termos establecidos no número 10 do artigo 53 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, ou norma que a substitúa.

c) AV Paxareiras, S.L.U. dará cumprimento a todas as condicións establecidas na Resolución do 19 de outubro de 2021, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, pola que se formulou o IIA do modificado do proxecto da liña de alta tensión a 66 kV de evacuación do P.E. Paxareiras II.

d) AV Paxareiras, S.L.U., con carácter previo ao inicio das obras, deberá achegar a esta xefatura territorial todas as autorizacións e permisos dos titulares dos bens afectados polas instalacións proxectadas, xunto coa designación da razón social da empresa instaladora habilitada que vai realizar as obras, así como do director de obra responsable delas.

e) AV Paxareiras, S.L.U. non poderá ocupar predios particulares sen dispoñeren dun acordo mutuo entre as partes ou mediante o correspondente expediente expropiatorio.

f) AV Paxareiras, S.L.U. comunicará o inicio das obras (con suficiente antelación) a todas as administracións, organismos ou empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral con bens e dereitos ao seu cargo das respectivas afeccións que se estivesen a xerar coa execución do proxecto, e estableceron os condicionantes técnicos.

g) Se durante a fase de execución das obras se tivesen que adoptar medidas técnicas non previstas no proxecto autorizado, e antes da súa execución, deberase dispoñer do pertinente visto e prace desta xefatura territorial.

h) Calquera cambio que se pretenda introducir no proxecto respecto do recollido no IIA deberá ter en conta a variable ambiental e, no caso de que poida producir efectos significativos sobre o ambiente, deberáselle notificar previamente á Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, a través da xefatura territorial, acompañado da pertinente valoración ambiental comparativa, para que o órgano ambiental o avalíe e informe sobre a súa aceptación, comunicando, de ser o caso, as condicións que cómpre impoñerlle ou se procede iniciar un novo trámite de avaliación ambiental.

i) Todas estas modificacións efectuadas na fase de execución deberán ser recollidas expresamente na dirección de obra, sempre e cando non fosen obxecto do correspondente modificado do proxecto para a súa autorización por parte desta xefatura territorial.

j) Conxuntamente coa solicitude de autorización de explotación das instalacións, a promotora deberá presentar, ante a xefatura territorial, a seguinte documentación:

– Certificado de final de obra subscrito por un técnico facultativo competente, en que conste que a instalación se realizou de acordo coas especificacións contidas no proxecto de execución aprobado, así como coas prescricións da regulamentación técnica aplicable á materia, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Declaración responsable asinada polo director de obra en que se certifique o cumprimento de todos os condicionados técnicos aceptados pola empresa, durante a fase de tramitación administrativa.

– Documento xustificativo (asinado por técnico competente) de que no desenvolvemento do proxecto se aplicaron todas as medidas protectoras, correctoras e de vixilancia ambiental propostas na documentación presentada pola promotora na tramitación ambiental, así como das condicións que complementan, matizan ou subliñan as anteriores, e foron recollidas no IIA.

– Plano as built e outro plano cartográfico en formato shape das instalacións da liña de alta tensión, segundo o artigo 132 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

k) Unha vez construídas as instalacións autorizadas, e con carácter previo á súa posta en servizo, a Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento das condicións establecidas nesta resolución e as demais que sexan de aplicación.

l) De acordo co establecido no artigo 53.10 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, o incumprimento das condicións e requisitos establecidos nas autorizacións ou a variación substancial dos presupostos que determinaron o seu outorgamento poderá dar lugar á revogación das autorizacións, logo de audiencia do interesado.

m) Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, segundo o disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Mediante este documento notifícaselle esta resolución a AV Paxareiras, S.L.U., así como ao resto dos interesados, segundo o exixido no artigo 40.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A Coruña, 11 de maio de 2022

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO 1

Alegacións presentadas durante o período de información pública e durante a tramitación do expediente, indicado no feito oitavo:

Sociedade Galega de Historia Natural, o 20.12.2021; Asociación Ambiental e Cultural Petón do Lobo, o 22.12.2021, 9.1.2021 e 15.1.2022; Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas, o 3.1.2022; M. Dolores Lema Cerbán, o 11.1.2022; Sheila Regueira Lema, o 11.1.2022; Ecoloxistas en Acción Ortegal, o 30.12.2021 e 21.1.2022; Brasilia Louro Lago, o 30.12.2021, 20.1.2022 e 21.1.2022; Comité para a Defensa das Rías Altas, o 30.12.2021 e 21.1.2022; Asociación Amigos da Terra, o 17.1.2022; Ecoloxistas en Acción Galicia, o 15.1.2022; Francisco Javier Garaboa Bonillo, o 17.1.2022; Francisco Javier Fernández González, o 16.1.2022; Clara María González Domínguez, o 16.1.2022; Alicia López Pardo, o 17.1.2022; Manuel Canosa García, o 17.1.2022; Asociación Ambiental Cova Crea, o 16.1.2022; Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, o 17.1.2022; Pedro Rodríguez López, o 15.1.2022; Eva María Seoane Martiño, o 16.1.2022; María del Pilar Rueda Soage, o 18.1.2022; Roberto Vilela Martínez, o 17.1.2022; Sofor Monte de Vilar, S.L., o 17.1.2022; Grupo Naturalista Hábitat, o 27.1.2022; Juan Benito Martín Díaz, o 21.1.2022.