Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38714

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de San Cibrao das Viñas

ANUNCIO relativo ao texto da segunda addenda ao convenio urbanístico asinado entre este concello e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A.

Logo de negociar e subscribir o texto da segunda addenda ao convenio urbanístico asinado entre o Concello de San Cibrao das Viñas e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A., o 14 de marzo de 2012, co obxecto de materializar a cesión obrigatoria, gratuíta e libre de cargas á Administración municipal correspondente ao 10 % do aproveitamento tipo da área de repartición do ámbito SUR-I2, SUR-I3 e SUR-I4, segundo se especifica no artigo 22 da LOUGA.

De conformidade co disposto no artigo 168 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, en relación cos artigos 400.2 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, 25.1 do texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, aprobado polo Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, e 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sométese a información pública durante o prazo dun (1) mes, mediante o anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Región de Ourense.

Durante o devandito prazo, que empezará a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o texto inicial do convenio urbanístico poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais referidas, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [http://sancibrao.sedelectronica.es].

San Cibrao das Viñas, 30 de xuño de 2022

Manuel Pedro Fernández Moreiras
Alcalde