Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38713

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO da oferta de emprego público para o ano 2022 (expediente 2022002073).

O 26 de maio de 2022 a Alcaldía Presidencia do Concello de Nigrán aprobou a oferta de emprego público para o ano 2022, correspondente ás prazas estruturais do Concello de Nigrán incursas nos supostos previstos no artigo 2.1 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público.

Esta resolución foi publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 102, do 30 de maio de 2022 e pódese consultar na sede electrónica do Concello:

http://sede.nigran.org/public/bulletin/bulletin-details.xhtml?idtaskdata=9429877

Faise público para xeral coñecemento.

Nigrán, 30 de maio de 2022

Juan A. González Pérez
Alcalde