Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38712

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-06.

A Xunta de Goberno Local do Concello de Mos, en sesión ordinaria do 25 de abril de 2022, aprobou inicialmente o Plan parcial de ordenación do solo urbanizable delimitado industrial SUDI-06 do Concello de Mos, en desenvolvemento do Plan xeral de ordenación municipal.

O expediente sométese á información pública por un prazo de dous meses desde a publicación do anuncio de aprobación inicial no Diario Oficial de Galicia, nun dos xornais de maior difusión na provincia, no taboleiro de anuncios e na sede electrónica deste concello. Durante o período de información pública, poderá examinar o plan parcial calquera persoa e formular as alegacións que procedan. Para os efectos, queda ao dispor dos interesados o expediente administrativo tramitado para que poida ser examinado na Secretaría municipal durante o período de información pública, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 13.00 horas.

Suspéndese o outorgamento de licenzas en todo o ámbito do territorio obxecto do plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración da suspensión será de dous anos, contados desde a aprobación inicial, e extinguirase, en todo caso, coa aprobación definitiva do Plan parcial. Esta suspensión publicarase conxuntamente coa aprobación inicial.

Mos, 14 de xuño de 2022

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa