Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 6 de xullo de 2022 Páx. 38711

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Culleredo

ANUNCIO de requirimento de xestión da biomasa (UME/2021/756).

Ao non ser posible a práctica da comunicación á titular da referencia catastral que se relaciona a continuación por causas non imputables a esta administración, de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise comunicación pública da xestión da biomasa, co fin de que no prazo de quince (15) días, que comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado (BOE), os interesados no procedemento procedan á xestión da biomasa, segundo o establecido nos artigos 135 e 136 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 21 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, así como á retirada de especies arbóreas prohibidas ás cales se refire o artigo 22 da devandita lei.

A eficacia do acto notificado demorarase ata a publicación do pertinente anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Así mesmo, ponse en coñecemento da persoa responsable que o contido íntegro da referida notificación, así como da totalidade do expediente administrativo, está á súa disposición nas oficinas municipais do Concello de Culleredo (Área de Medio Ambiente, Servizos e Obras), situadas na Rúa do Concello, nº 12, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Nº de expediente

Referencia catastral

Propietaria

UME/2021/756

15031A04900206

Rumbo Salgado, María Delfina

Culleredo, 14 de xuño de 2022

José Ramón Rioboo Castro
Alcalde presidente