Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38450

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO de aprobación da oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal.

En cumprimento do establecido no artigo 2.2 da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, faise público que a Xunta de Goberno Local do Concello de Ourense aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, que foi publicada no Boletín Oficial da provincia de Ourense núm. 123, do 31 de maio de 2022, nos seguintes termos:

1º) Aprobar a oferta de emprego público extraordinaria para a estabilización de persoal temporal, ao abeiro do establecido na Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, co seguinte contido:

I. Prazas incluídas na oferta de emprego público extraordinaria de estabilización de persoal temporal:

I.A. Prazas ocupadas por persoal funcionario interino por vacante con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016:

3 técnicos da Administración xeral, escala de Administración xeral, subescala técnica, subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 técnico en Intervención, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: técnico en Intervención. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

2 administrativos da Administración xeral, escala da Administración xeral, subescala administrativa. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

4 auxiliares da Administración xeral, escala da Administración xeral, subescala administrativa. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

1 auxiliar técnico de pantalla, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: auxiliar técnico de pantalla. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

3 arquitectos municipais, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: arquitecto municipal. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 aparellador municipal, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Categoría: aparellador municipal. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 enxeñeiro superior informático, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: enxeñeiro superior informático. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 enxeñeiro técnico topógrafo, escala de Administración especial, subescala técnica, clase media. Categoría: enxeñeiro técnico topógrafo. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 técnico de Áreas Museísticas e Espazos Expositivos, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: técnico de Áreas Museísticas e Espazos Expositivos. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 técnico de Normalización Lingüística, escala de Administración especial, subescala técnica, clase: técnico superior. Categoría: técnico de Normalización Lingüística. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 oficial de incendios, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de extinción de incendios. Categoría: oficial de incendios. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 técnico auxiliar de turismo. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Categoría: técnico auxiliar de turismo. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

1 condutor. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal de oficios. Categoría: condutor. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

4 conserxes de edificios municipais. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: conserxe. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal funcionario.

1 operario. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Categoría: operario sen cualificar. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal funcionario.

I.B) Prazas ou dotacións ocupadas por persoal funcionario interino para substitución transitoria de titular con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016:

1 asesor xurídico do Centro de Información Municipal da Muller. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: asesor xurídico do Centro de Información Municipal da Muller. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

I.C) Prazas ou dotacións ocupadas por persoal funcionario interino vinculado a unha subvención con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016:

1 traballador social. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Categoría: traballador social. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

I.D) Prazas ou dotacións ocupadas por persoal interino por programa con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016:

1 administrativo de Administración xeral. Escala de Administración xeral, subescala administrativa, subgrupo C1. Persoal funcionario.

24 auxiliares de Administración xeral. Escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

1 animador sociocultural. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico auxiliar. Categoría: animador sociocultural. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

1 conserxe da Escola de Artes Escénicas, escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal de oficios. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal funcionario.

I.E) Prazas ou dotacións ocupadas por persoal laboral indefinido non fixo declarado por sentenza ocupadas con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2016:

1 graduado en Ciencias Políticas e da Administración. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 economista. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 graduado en Ciencias Empresariais do Centro de Iniciativas Empresariais. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 asesor xurídico en urbanismo. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

2 coordinadores de educación. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

1 coordinador de xuventude e voluntariado. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

2 oficial-administrativo. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

1 administrador de espectáculos. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Subgrupo C1. Persoal funcionario.

1 auxiliar de Administración xeral. Escala de Administración xeral, subescala auxiliar. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

1 auxiliar de orientación laboral. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: prazas de tarefas especiais. Subgrupo C2. Persoal funcionario.

2 axudantes de espectáculos. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase: persoal de oficios. Agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal funcionario.

1 psicopedagogo. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Categoría: psicopedagogo. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

4 arquitectos. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Categoría: arquitecto municipal. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 enxeñeiro superior informático, escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: enxeñeiro superior informático. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

2 técnicos superiores en emprego e formación ocupacional. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: técnico superior universitario en emprego e formación ocupacional. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 técnico en emprego e formación ocupacional. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: técnico universitario en emprego e formación ocupacional. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 tradutor-intérprete. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: tradutor-intérprete. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 aparellador municipal. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase media. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de inglés da Escola Municipal de Idiomas. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Idiomas. Especialidade: Inglés. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de piano da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Piano. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de violín da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Violín. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de guitarra da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Guitarra. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

4 axudantes de bibliotecas. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: axudante de bibliotecas. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

2 técnicos en orientación laboral. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, prazas de tarefas especiais. Categoría: técnico en orientación laboral. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 técnico de protección civil. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, praza de tarefas especiais. Categoría: técnico universitario en protección civil. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 operario de cemiterio. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase persoal de oficios. Categoría: operario de cemiterio. Subgrupo: agrupacións profesionais sen requisito de titulación. Persoal laboral fixo.

I.F) Prazas ou dotacións ocupadas por persoal laboral temporal de forma ininterrompida e con anterioridade ao 1.1.2016:

1 técnico superior de orientación laboral. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, prazas de tarefas especiais. Categoría: técnico superior en orientación laboral. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 pedagogo/a. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Categoría: pedagogo/a. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 psicólogo/a. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase superior. Categoría: psicólogo/a. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 profesor/a de saxofón da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Saxofón. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de guitarra da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Guitarra. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de piano da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Piano. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de percusión da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Percusión. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 profesor/a de música e movemento da Escola Municipal de Música. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico universitario. Categoría: profesor da Escola Municipal de Música. Especialidade: Música e Movemento. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 axudante de biblioteca. Escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase prazas de tarefas especiais. Categoría: axudante de biblioteca. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 traballador/a social. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Categoría: traballador social. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

1 farmacéutico/a. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico superior. Categoría: farmacéutico/a. Subgrupo A1. Persoal funcionario.

1 enfermeiro/a. Escala de Administración especial, subescala técnica, clase técnico medio. Categoría: enfermeiro/a. Subgrupo A2. Persoal funcionario.

II. Proceso selectivo: o proceso selectivo para a cobertura das prazas incluídas na presente oferta de emprego público será, en todos os casos, o de concurso, ao abeiro do establecido na disposición adicional 6ª da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes de redución da temporalidade no sector público.

As bases reguladoras do proceso selectivo serán obxecto de negociación a través da Mesa Xeral de Negociación. As bases garantirán ao persoal municipal afectado a valoración dos servizos prestados ao abeiro dos contratos laborais ou nomeamentos temporais de que deriva a consideración das prazas temporalmente ocupadas como prazas estruturais integradas na oferta, co recoñecemento como servizos prestados na escala, subescala ou categoría profesional das prazas convocadas, con independencia da súa natureza laboral ou funcionarial ou da existencia de reaxustes nas denominacións das prazas respecto das que figuraban nos contratos ou nomeamentos, sempre que conste a identidade funcional entre unhas e outras.

En todo caso, os méritos obxecto de valoración no concurso deberán ter relación coas funcións que correspondan ás prazas convocadas no Concello de Ourense.

2º) Ordenar a publicación do presente acordo no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Ourense, no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, facendo constar que contra este acordo as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de reposición, no prazo dun mes, ou ben acudir directamente á vía xudicial interpoñendo recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses. Os prazos indicados contaranse a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. Sen prexuízo do anterior, as persoas interesadas poderán interpoñer calquera outro recurso ou acción xudicial ou administrativa que consideren oportuna.

3º) Notifíquese aos interesados, coa indicación de que poden interpoñer os recursos indicados no número anterior.

Ourense, 31 de maio de 2022

Gonzalo Pérez Jácome
Alcalde