Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de persoal funcionario.

A concellería delegada do Servizo de Persoal e Cultura, mediante resolucións do 24.3.2022 e do 25.5.2022, nomeou funcionarios de carreira deste concello a:

Carlos Quintela Domínguez, con DNI ***9631**, para ocupar unha praza de oficial da escala de Administración especial do corpo da policía local, integrada dentro do grupo C, subgrupo C1, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso na quenda de mobilidade horizontal.

Óscar Argibay Blanco, con DNI ***8446**, para ocupar unha praza de sepultureiro da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de oposición libre.

Manuel Ruibal Rodríguez, con DNI ***2292**, para ocupar unha praza de sepultureiro da escala de Administración especial, integrada dentro do grupo C, subgrupo C2, por proposta do tribunal cualificador das probas selectivas convocadas polo sistema de concurso-oposición.

Os devanditos nomeamentos efectuáronse segundo as propostas dos tribunais cualificadores, aos cales se lles dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Contra as devanditas resolucións de nomeamento, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse polos interesados ben recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, ao abeiro do establecido no artigo 124.1 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra.

Non obstante, os interesados tamén poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente ao seu dereito.

Pontevedra, 6 de xuño de 2022

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local, do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura