Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38460

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribeira

ANUNCIO para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais (expediente 2021Biom000004-1).

Referencia ao artigo concreto que habilita a publicación no DOG: artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Suposto de feito concorrente: intentada a práctica da notificación esta non se puido practicar.

Para os efectos de garantir o trámite da notificación, procédese á publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia, co seguinte contido:

Comunicación para lembrar o cumprimento das obrigas legais sobre prevención e defensa contra os incendios forestais.

Expediente: 2021Biom000004-1.

Datos catastrais da parcela: 11109C3NH0111S0000HW, avenida das Airos, Ribeira.

Identificación da persoa/entidade responsable e título polo cal é considerada como tal: B32116717.

Título/procedencia dos datos: listado IBI.

Feitos que motivan a comunicación ou o requirimento e modo de constatación destes: existencia de vexetación accesoria de especies herbáceas e arbustivas non permitidas na franxa de protección das vivendas, e árbores de especies non permitidas (piñeiros).

Concreta obriga incumprida co seu fundamento legal: obriga de xestión da biomasa no ámbito das redes de faixas de xestión de biomasa, incluída, de ser o caso, a retirada de especies arbóreas, antes de que finalice o mes de maio de cada ano, excepto nos supostos en que, pola extensión ou especial dificultade dos labores de xestión de biomasa ou retirada de especies, sexa necesaria a elaboración dunha planificación anual das actuacións, conforme o artigo 22 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. Os mesmos criterios aplícanse con carácter subsidiario en solo urbano.

Traballos que deben realizar os titulares/responsables dos terreos: corta de árbores de especies non permitidas (piñeiros, eucaliptos, acacias) e xestión dos restos. Retirada de árbores caídas e xestión dos restos. Roza de vexetación accesoria en toda a superficie da parcela e xestión de restos.

Prazo máximo para o cumprimento voluntario: computarase desde o día seguinte ao da recepción da notificación da comunicación ou do requirimento ou da publicación do correspondente anuncio no Boletín Oficial del Estado. Será de quince (15) días naturais.

Apercibimento: apercíbese de que, en caso de persistencia no incumprimento despois do transcurso do prazo outorgado, procederase á execución subsidiaria sen máis trámites.

A persoa titular do terreo ou do dereito de aproveitamento ten a obriga legal de facilitar o acceso ao suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria. Este último ten a facultade de acceder sen necesidade de consentimento da persoa titular, excepto naqueles supostos excepcionais en que o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución.

Liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar á referida execución subsidiaria, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, tras o transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez finalizados, de ser o caso, os traballos:

A liquidación provisional consiste no establecemento dunha cantidade estimada por hectárea dos traballos necesarios para xestionar a biomasa.

Liquidación provisional: non estimada.

Advertencia: en caso de persistencia no incumprimento tras o transcurso do prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador. De conformidade co establecido polo artigo 54 da Lei 3/2007, do 9 de abril, as competencias para incoar, instruír e resolver os procedementos sancionadores por infraccións derivadas do incumprimento das obrigas incluídas no ámbito de aplicación desta instrución corresponden:

a) Aos concellos nos supostos de incumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e da retirada de especies arbóreas nas redes de faixas secundarias de xestión de biomasa e arredor das novas instalacións, urbanizacións e edificacións, sempre que se encontren en solo urbano, urbanizable ou de núcleo rural.

b) Á Administración xeral da comunidade autónoma en todos os demais casos.

O incumprimento da obriga de xestionar a biomasa con arranxo ao previsto nos artigos 21, 21.ter e 22 e na disposición transitoria terceira da Lei 3/2007, do 9 de abril, está tipificado como infracción en materia de incendios forestais (artigo 50.2.1).

Cualificación: leve (artigo 51.3.b). Sanción prevista: multa desde 100 ata 1.000 euros (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, segundo o previsto no artigo 50.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril).

Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas.

Normativa aplicable:

– Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

– Instrución 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, e a Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.

Ribeira, 13 de xuño de 2022

Manuel Ruiz Rivas
Alcalde