Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38463

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria de procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no cadro de persoal funcionario, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022 (referencia CPI2022J).

No Boletín Oficial da provincia núm. 111, do 10 de xuño de 2022, publicáronse as bases xerais e específicas de varios procesos selectivos convocados para cubrir as seguintes prazas vacantes no cadro de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra, incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2020, 2021 e 2022:

1. Catro prazas de técnica/o media/o de xestión tributaria, encadradas na escala de Administración especial, subescala técnica, clase media, e integradas no grupo A2, polo sistema de concurso-oposición, quenda promoción interna (ofertadas, unha en 2020 e tres en 2021).

2. Unha praza de técnica/o de ensaios agrícolas, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda promoción interna (ofertada en 2022).

3. Unha praza de técnica/o auxiliar de formación, encadrada na escala de Administración especial, subescala técnica, clase auxiliar, e integrada no grupo C1, polo sistema de concurso-oposición, quenda de promoción interna (ofertada en 2022).

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 13 de xuño de 2022

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15.7.2019)
Carlos López Font
Deputado delegado de Réxime Interior, Economía,
Facenda e ORAL