Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38448

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Marín

ANUNCIO da aprobación inicial e sometemento a información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Marín no ámbito do SUNC P-4 (expediente 2021/UR420-001).

Logo de considerar que mediante o Acordo plenario do 9 de xuño de 2022 se aprobou o ditame da comisión informativa de Urbanismo, Facenda e Persoal en relación coa aprobación inicial e o sometemento a información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Marín no ámbito do SUNC P-4 (expediente 2021/UR420-001), respecto ás parcelas con referencia catastral (nas cales se suspenderá o outorgamento de licenzas, durante un prazo máximo de dous anos, que poidan resultar incompatibles coas determinacións do mesmo artigo 86.2 RLSG):

4836005 NG2943 N0001 IZ

4836006 NG2943 N0001 JZ

4836007 NG2943 N0001 EZ

4836008 NG2943 N0001 SZ

4836009 NG2943 N0001 ZZ

4836010 NG2943 N0001 EZ

4836011 NG2943 N0001 SZ

4836012 NG2943 N0001 ZZ

4836013 NG2943 N0001 UZ

4836014 NG2943 N0001 HZ

4836016 NG2943 N0001 AZ

4836018 NG2943 N0002 UX

4836026 NG2943 N0001 TZ

4836027 NG2943 N0001 FZ

4836028 NG2943 N0001 MZ

En cumprimento do disposto no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia (RLSG) (DOG do 9 de novembro), por este anuncio publícase o devandito acordo polo prazo de dous meses no DOG e nun dos xornais de maior difusión da provincia de Pontevedra, para que as persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que consideren convenientes.

A documentación sometida a exposición pública abranguerá todos os documentos integrantes do expediente tramitado, incluídos un resumo executivo, o estudo ambiental estratéxico e un resumo non técnico do estudo ambiental estratéxico (artigo 60.6 da LSG), e estará á disposición dos interesados nas dependencias do Servizo de Urbanismo, na casa do concello, sita na avenida de Ourense, s/n, 36900 Marín, en horario de oficina, das 9.00 ás 14.00 horas.

Marín, 14 de xuño de 2022

María Ramallo Vázquez
Alcaldesa