Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Martes, 5 de xullo de 2022 Páx. 38447

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na parcela 2 do Plan especial de rehabilitación integral da Maestranza, A Coruña (expediente 631/2022/31).

A Xunta de Goberno Local, na sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2022, acordou aprobar inicialmente o estudo de detalle na parcela 2 PERI A Maestranza, A Coruña, xaneiro de 2022, promovido pola entidade Lipromo A Coruña, S.L.U., e asinado polo arquitecto Julio Zumárraga Gómez, habilitado como colexiado número 12.408 do COAG.

En cumprimento do artigo 80.2 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigos 194.2 e 207 do seu regulamento, sométese o expediente a información pública polo prazo dun (1) mes contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio, no Diario Oficial de Galicia ou nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que calquera persoa poida examinar o estudo de detalle e formular as alegacións que procedan.

A documentación estará á disposición no taboleiro de anuncios da sede electrónica do concello, no punto de información urbanística, na web de Urbanismo, e no visor Desenvolvemento do Planeamento. Tamén poderá consultarse fisicamente nas dependencias da Área de Urbanismo, Vivenda, Infraestruturas e Mobilidade do Concello da Coruña (praza de Indalecio Prieto, 1-3), das 9.00 ás 13.00 horas, logo da cita que se solicitará por escrito no rexistro municipal ou dirixíndose a registrourbanismo@coruna.es

A Coruña, 23 de xuño de 2022

A alcaldesa
P.D. (Decreto 3847/2019, do 27 de xuño)
María Hernández García
Directora da Área de Urbanismo