Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Luns, 4 de xullo de 2022 Páx. 37967

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2022 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de xuño de 2022, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo desta consellería.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Facenda e Administración Pública, e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 30 de xuño de 2022, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública nos termos que se sinalan no anexo a este acordo.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 30 de xuño de 2022, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Facenda e Administración Pública, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda, do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2022

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMAS DE PROVISIÓN

C CONCURSO

LD LIBRE DESIGNACIÓN

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS TITULACIÓNS ACADÉMICAS

2062 LIC./GRAO DEREITO

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS FORMACIÓNS ESPECÍFICAS

640 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE PERFECCIONAMENTO DE GALEGO (R.I.).

641 PARA PERSOAL DOUTRA ADMINISTRACIÓN, CURSO DE INICIACIÓN DE GALEGO (R.I.).

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOS CORPOS/ESCALAS

XMF2 XERAL (ESC. TÉC. FINANZAS, ESPECIALID. CONTABILIDADE E INTERVENCIÓN)

XSF2 XERAL (ESC. SUP. FINANZAS, ESPECIALID. INTERVENCIÓN)

CÓDIGO - DESCRICIÓN DOUTRAS ADMINISTRACIÓNS

A11 ADSCRICIÓN INDISTINTA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA, ESTADO E CC.AA.

AXG ADSCRICIÓN EXCLUSIVA A FUNCIONARIOS DA XUNTA DE GALICIA.

CÓDIGO - DESCRICIÓN DAS ÁREAS FUNCIONAIS

PER PERSOAL

XUR TÉCNICO-XURÍDICA