Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 14 de xuño de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, situado nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/3-4).

O 17 de decembro de 2021, publicouse no DOG núm. 241 a Resolución do 9 de decembro de 2021, da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, pola que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira, emprazado nos concellos da Cañiza e Covelo da provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2011/3-4).

Así mesmo, vista a Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e aínda que esta non adquiriu firmeza e está sendo obxecto de impugnación e discusión en vía de casación pola Xunta de Galicia, con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, o 5 de abril de 2022 publicouse no DOG núm. 66 a Resolución do 8 de marzo de 2022 pola que se somete de novo a información pública por un prazo de trinta (30) días o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e o proxecto sectorial (proxecto de interese autonómico) das instalacións do parque eólico Alto da Telleira.

O 22 de abril de 2022, a promotora solicitou a declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico.

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude de declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación que se describe a continuación:

Solicitante: Alto da Telleira, S.L.

Denominación do proxecto: parque eólico Alto da Telleira.

Concellos afectados: A Cañiza e Covelo (Pontevedra).

Potencia que se vai instalar: 48 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 9.

Produción neta anual estimada: 137.329 (MWh/ano).

Orzamento total (execución material): 35.365.747 €.

De acordo co disposto no artigo 44 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, e polas demais normas de aplicación relacionadas nesta resolución, constitúe o obxecto da información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, incluíndose a relación concreta e individualizada dos propietarios de bens e dereitos afectados polo proxecto (RBDA), como anexo a esta resolución.

A declaración de utilidade pública comportará en todo caso a necesidade de ocupación dos bens e a adquisición dos dereitos afectados, implicando a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa, e concordantes da Lei 24/2013, do 27 de novembro, do sector eléctrico, ou normas que as substitúan.

Segundo o establecido no artigo 43 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento de implantación de iniciativas empresarias en Galicia, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 17 de xuño de 2021, acordou declarar iniciativa empresarial prioritaria o referido parque eólico e, con base nos artigos 44 da mencionada Lei 5/2017, do 19 de outubro, e 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o 27 de xullo de 2021, a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais resolveu declarar a tramitación de urxencia dos procedementos administrativos correspondentes ao parque eólico, o que supón a redución á metade dos prazos establecidos para o procedemento ordinario, salvo os relativos á presentación de solicitudes e recursos.

Con todo, vista a referida Sentenza núm. 18/2022, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e con base no principio de seguridade xurídica e por un criterio de precaución, a información pública realizarase polo prazo de 30 días.

O que se fai público de conformidade co artigo 44.4 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos, poidan presentar as súas alegacións no prazo de trinta (30) días, contados a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A consulta da documentación realizarase preferentemente a través da seguinte ligazón da web da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra (avenida Mª Victoria Moreno, 43, 5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do concello da Cañiza (rúa Oriente, 11, 36888 A Cañiza, Pontevedra) e de Covelo (praza do Mestre Cerviño, 2, 36872 Covelo).

Pontevedra, 14 de xuño de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Titularidade catastral

Datos catastrais parcela

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Serv. de paso

Serv. de voo

Ocupación temporal

Referencia catastral

Concello

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Ciment.

Plataforma

Se/csm

Vial

Gabia

1

CMVMC de Petán

36009A00400001

A Cañiza

004

00001

M. de Petán

Matogueira

129,2

229,6

670,6

350,2

9.913,6

0,0

2

CMVMC de Godóns

36013A08200007

Covelo

082

00007

Foxedos

Matogueira

757,7

5.520,3

16.359,0

10.944,5

40.535,3

10.017,9

3

CMVMC de Petán

36009A01000001

A Cañiza

010

00001

M. de Fontefría

Matogueira

0,0

0,0

1.153,5

1.857,8

0,0

0,0

4

CMVMC de Maceira

36013A02711110

Covelo

027

11110

Rigueira

Matogueira

380,1

2.072,5

2.880,4

4.460,8

24.107,0

1.492,2

5

CMVMC de Achas

36009A01100001

A Cañiza

011

00001

M. de Fontefría

Matogueira

0,0

31,4

3,3

107,4

7.468,6

394,6

6

CMVMC de Achas

36009A01100255

A Cañiza

011

00255

M. de Fontefría

Matogueira

380,1

2.225,6

1.829,7

3.480,9

13.396,8

2.237,7

7

CMVMC de Achas

36009A01200002

A Cañiza

012

00002

Monte Fontefría

Matogueira

0,0

248,8

1.849,4

438,6

7.425,6

2.326,5

8

CMVMC de Santiago de Covelo

36013A02701123

Covelo

027

01123

Coladiña

Matogueira

380,1

2.639,9

4.555,0

2.709,0

14.117,6

4.017,3

9

CMVMC de Achas

36009A01500001

A Cañiza

015

00001

Coto Carballal

Matogueira

0,0

0,0

2.497,8

0,0

0,0

0,0

10

CMVMC de Achas

36009A01300001

A Cañiza

013

00001

Alto de Tilleira

Matogueira

0,0

0,0

780,7

0,0

0,0

0,0

11

CMVMC de Maceira

36013A08100499

Covelo

081

00499

Candullo

Matogueira

380,2

3.255,4

6.284,6

4.889,1

24.481,1

6.119,9

12

CMVMC de Santiago de Covelo

36013A08100491

Covelo

081

00491

Brauxa

Piñeiral madeirable

380,0

1.525,9

594,0

0,0

12.244,8

1.833,0

13

CMVMC de Achas

36009A01400028

A Cañiza

014

00028

Monte Fontefría

Matogueira

0,0

0,0

279,2

0,0

0,0

0,0

14

CMVMC de Petán

36009A01200001

A Cañiza

012

00001

Monte Fontefría

Matogueira

0,0

300,2

14.208,5

5.043,9

254,4

407,3

15

CMVMC de Maceira

36013A08200006

Covelo

082

00006

Foxedos

Matogueira

633,5

4.571,3

9.002,9

10.061,8

29.982,2

6.742,7

16

CMVMC de Maceira

36013A08300420

Covelo

083

00420

Matrona

Matogueira

0,0

0,0

0,0

1.849,3

0,0

0,0

Titularidade catastral

Datos catastrais parcela

Afeccións (m²)

Pleno dominio

Servidume de paso

Ref. catastral

Concello

Pol.

Parc.

Lugar

Cultivo

Subestación colectora

Vial subestación colectora

Gabia LSAT 220 kV

14

CMVMC de Petán

36009A01200001

A Cañiza

012

00001

Monte Fontefría

Matogueira

0,0

339,7

0,0

15

CMVMC de Godóns

36013A08200006

Covelo

082

00006

Foxedos

Matogueira

6.027,9

1.207,5

1.636,9

16

CMVMC de Petán

36013A08300420

Covelo

083

00420

Matrona

Matogueira

0,0

322,5

0,0