Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37046

III. Outras disposicións

Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade

EXTRACTO da Orde do 13 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento TR802R).

BDNS (Identif.): 635925.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans).

Primeiro. Entidades beneficiarias

As sociedades laborais e cooperativas que xurdan dalgún dos procesos regulados no número 1 do artigo 5 da orde e, ademais, cumpran os requisitos regulados nos números 2 e 3 do mesmo artigo.

Segundo. Obxecto e finalidade

Apoiar a creación de cooperativas e sociedades laborais, por parte de persoas traballadoras de entidades con negocios en crise ou sen remuda xeracional, por parte de persoas traballadoras autónomas ou mediante a transformación de sociedades.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 13 de xuño de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras do programa ES-Transforma en cooperativas ou sociedades laborais e se procede á súa convocatoria para a anualidade 2022 (código de procedemento TR802R).

Cuarto. Contía

O orzamento total ascende a un millón cincocentos setenta mil euros (1.570.000 €), distribuído en dúas aplicacións orzamentarias:

Aplicación orzamentaria

Código do proxecto

Importe

11.04.324C.471.0

2021 00067

570.000 €

11.04.324C.771.0

2021 00067

1.000.000 €

Total

1.570.000 €

A contía da axuda será equivalente ao 80 % do custo total dos gastos subvencionables regulados no artigo 6 da orde e cos límites establecidos no artigo 7.1.

As axudas poden incrementarse no caso de que as entidades beneficiarias cumpran algunha das condicións reguladas no artigo 7.2 da orde.

En todo caso, a axuda total para cada entidade beneficiaria polos conceptos recollidos nos números 1 e 2 do artigo 7 da orde non poderá exceder os 74.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda comezará a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e rematará o 30 de setembro de 2022, salvo que se produza o suposto de esgotamento do crédito orzamentario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2022

María Jesús Lorenzana Somoza
Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade