Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 9 de xuño de 2022, da Zona Centro, polo que se abre o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización do departamento número 0 no dominio público portuario de Fisterra.

Ao quedar dispoñible no porto de Fisterra o departamento nº 0 no dominio público portuario de Fisterra, ábrese convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude segundo o establecido no prego das bases da convocatoria; en todo caso, deberanse acreditar a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberase presentar obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido. En caso contrario, non será admitida, polo que se deberá emendar a súa presentación e se tomará como data de presentación a da emenda, co risco, no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos, de que perdan o dereito ao trámite ou mesmo o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 9 de xuño de 2022

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro