Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Mércores, 29 de xuño de 2022 Páx. 37221

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 8 de xuño de 2022 pola que se notifica a resolución de procedemento para a declaración de abandono da embarcación María Manuela, varada no porto de Lorbé (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro (BOE núm. 236, do 2 de outubro), do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a José María Bustabad Cao, como titular rexistral, e a Francisco Javier Serantes Rodríguez, como arrendatario, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a Resolución do 16 de maio de 2022 da Presidencia da entidade pública Portos de Galicia que declara en situación de abandono a embarcación María Manuela, con folio 3ª-FE-2-2856, varada no porto de Lorbé, por non ser posibles as notificacións nos domicilios.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

A resolución emítese por atoparse a embarcación depositada no porto de Lorbé en estado de abandono, sen actividade nin mantemento ningún e sen aboar taxas tras o seu afundimento e posterior reflotación por parte de Portos de Galicia en agosto de 2021, co base no establecido no artigo 128 da Lei 6/2017, do 12 de decembro (DOG núm. 236 ,do 14 de decembro), de portos de Galicia, e unha vez que non existe constancia da presentación de alegacións contra o acordo de iniciación do procedemento.

De acordo coa normativa que se cita, e a través dos medios previstos na Lei 5/2011, (DOG núm. 203, do 24 de outubro), do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, Portos de Galicia vai a proceder á venda do buque, e de resultar esta fallida, ao seu despezamento e traslado a vertedoiro autorizado.

Todos os custos de tramitación ou que xeren as actuacións que se van realizar sobre o buque en función do que resulte do exame sobre o seu estado e da súa peritación serán por conta do propietario e do arrendatario.

A presente resolución emítese pola presidenta de Portos de Galicia en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.3, epígrafes a) e l), da Lei 6/2017, de portos de Galicia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa e é executiva, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela que corresponda.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2022

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia