Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35940

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lobios

ANUNCIO da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro.

O 31 de maio de 2022 (DOG núm. 103), publicouse o anuncio do Concello de Lobios sobre a aprobación da relación dos postos de traballo do devandito concello. Logo de ser detectado un erro na súa publicación, xa que o anuncio que había que publicar era o da oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Lobios, publícase este último en substitución do primeiro (o cal non terá efectos de información pública).

Mediante Resolución de la Alcaldía núm. 2022-325, do 11 de maio, aprobouse a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Lobios, que cumpre as previsións da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, correspondente ás prazas que a continuación se apuntan:

Prazas cuxo sistema de selección é o de concurso de méritos (disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro)

Persoal laboral:

Denominación das prazas

Vacantes

Categoría profesional

Peón/oa de obras

1

Grupo IV

Auxiliar de xardinería

1

Grupo IV

Auxiliar de axuda no fogar

8

Grupo IV

Educador/a social

1

Grupo II

Axente de emprego e desenvolvemento local

1

Grupo II

Arquitecto/a

1

Grupo I

Auxiliar de biblioteca

1

Grupo IV

Peón/oa de limpeza

1

Grupo IV

Chofer de rozadoira

1

Grupo IV

Socorrista

1

Grupo IV

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, da Lei reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización de emprego temporal do Concello de Lobios, no Boletín Oficial da provincia.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso potestativo de reposición ante a alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se optase por interpor o recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro se resolva expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Lobios, 31 de maio de 2022

María del Carmen Yáñez Salgado
Alcaldesa presidenta