Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35942

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Monfero

ANUNCIO da oferta extraordinaria de emprego público para a estabilización do emprego temporal 2022.

En cumprimento do indicado no punto 2, do artigo 2, da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, o alcalde deste concello, por Resolución 178/2022, do 26 de maio de 2022, aprobou a oferta de emprego público extraordinaria para o ano 2022, que comprende as prazas que a seguir se indican:

Persoal laboral:

Denominación do posto

Subgrupo de clasificación

Categoría laboral

Número de vacantes

Sistema de convocatoria

Auxiliar de axuda no fogar

Agrupacións profesionais

Persoal laboral fixo

9

Concurso (disposición adicional 6ª da Lei 20/2021)

Establécese como prazo máximo para a convocatoria dos correspondentes procesos selectivos o 31 de decembro de 2022, e a súa resolución antes do 31 de decembro de 2024.

Contra a presente resolución pode interpor alternativamente recurso de reposición ante o alcalde, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou, á súa elección, o que corresponda ao seu domicilio, no prazo de dous meses. Se opta por interpor recurso potestativo de reposición, non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que o primeiro se resolva.

Monfero, 26 de maio de 2022

Andrés Feal Varela
Alcalde