Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35943

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO relativo á publicación da oferta de emprego público para o ano 2022 da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra.

No Boletín Oficial da provincia nº 102, do 30 de maio de 2022, publicouse a oferta de emprego público para o ano 2022 da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra, que comprende o número total de postos de persoal laboral fixo que a seguir se detallan:

Persoal laboral:

Denominación do posto de traballo

Sistema de acceso

Situación

Profesor/a de enfermaría

2

Concurso

Posto da oferta de estabilización do ano 2018 non convocados

Ordenanza

1

Concurso

Non ofertada e ocupada por laboral interino

Estes postos de persoal laboral fixo serán obxecto de provisión mediante convocatoria pública, que será publicada no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) coas súas correspondentes bases e programas, e mediante extracto das ditas convocatorias no Diario Oficial de Galicia (DOG) e no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 31 de maio de 2022

A Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución 2019012988, do 15 de xullo de 2019)
Noemí Outeda Prol
Deputada delegada da Escola Universitaria de Enfermaría de Pontevedra