Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 22 de xuño de 2022 Páx. 35939

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello Cerdedo-Cotobade

ANUNCIO de información pública do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da zona verde EL/ZV-30, en Cerdedo.

A Xunta de Goberno do Concello de Cerdedo-Cotobade, en sesión ordinaria do 23 de maio de 2022, adoptou o acordo de aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a ordenación da zona verde EL/ZV-30, no territorio de Cerdedo, no concello de Cerdedo-Cotobade.

De conformidade co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febrero, do solo de Galicia, sométese o expediente á información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no xornal Faro de Vigo.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado na casa do concello (Chan 11, Carballedo), das 9.00 ás 14:00 horas, para formular as alegacións que se consideren pertinentes, así como na sede electrónica da entidade (http://concellodecerdedocotobade.sedelectronica.gal/info.0).

De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspéndese o procedemento de outorgamento de licenzas en todo o ámbito do Plan especial de infraestruturas e dotacións.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cerdedo-Cotobade, 2 de xuño de 2022

Jorge Cubela López
Alcalde