Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Martes, 21 de xuño de 2022 Páx. 35693

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Ponteareas e O Porriño (expediente IN407A 2021/294-4).

Expediente: IN407A 2021/294-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMTA ATI712 de alimentación á antena dos CC.TT. Can Prebeto e Couso Ponteareas.

Concellos: Ponteareas e O Porriño.

Feitos:

Primeiro. O 22 de novembro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de recuamento LMTA ATI712 de alimentación á antena dos CCTT Can Prebeto e Couso Ponteareas.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na realización das seguintes actuacións na parroquia de Guilán, concello de Ponteareas, e na parroquia de Cans, concello do Porriño:

– Desmontaxe do tramo ATI712 de derivación á antena dos centros de transformación Can Prebeto e Couso Ponteareas.

– No apoio nº 25 do tramo ATI7120611 instalarase un novo punto de partida da derivación aérea (retírase o que está instalado no apoio D-21-12 do tramo ATI7120495).

– Instalación de dous novos vans: un de 20 metros e outro de 85 metros.

– Substitución do condutor existente desde o apoio D1-21-12-7 do tramo ATI7120568 ata o apoio D1-12-6 do tramo ATI7120568.

– Retensado do tramo de ATI7120568 desde o apoio D1-21-12-6 ata o apoio D-21-12-5.

– Substitución de dous apoios existentes por un de tipo C 2000/12 e outro de tipo C 3000/16.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello do Porriño, o Concello de Ponteareas, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil e a Sección de Minas de Pontevedra. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos polo Concello do Porriño, a Sección de Minas e a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

O Concello de Ponteareas non emitiu ningún condicionado técnico, entendéndose en consecuencia a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro; sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021), e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceira. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmontaxe do tramo ATI712 de derivación á antena dos centros de transformación Can Prebeto e Couso Ponteareas.

– Instalación dunha liña de media tensión aérea (LMTA) a 15 kV con condutor tipo LA-56 en tres actuacións. A primeira actuación (instalación de dous vans) de 105 metros de lonxitude, con inicio no apoio nº 25 do tramo ATI71220611 e final no apoio D1-21-12-7 do tramo ATI7120568. A segunda actuación é de 48 metros de lonxitude, con orixe no apoio D1-21-12-7 do tramo ATI7120568 e final no apoio D1-12-6 do tramo ATI710568. A terceira, actuación de retensado, é de 42 metros de lonxitude con orixe no apoio D1-21-12-6 do tramo ATI7120568 e final no apoio D1-21-12-5 do tramo ATI712056.

As instalacións están situadas na parroquia de Guilán, concello de Ponteareas, e na parroquia de Cans, concello do Porriño.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada recuamento LMTA ATI712 de alimentación á antena dos CCTT Can Prebeto e Couso Ponteareas, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09, e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 25 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra