Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 34990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación

RESOLUCIÓN do 20 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Pontevedra (expediente IN407A 2021/328-4).

Expediente: IN407A 2021/328-4.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: recuamento LMT DC LOZ806-LOZ807A, LMTS LOZ808A e reforma CT Mollabao.

Concello: Pontevedra.

Feitos:

Primeiro. O 28 de decembro de 2021, a empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación denominada recuamento LMT DC LOZ806-LOZ807A, LMTS LOZ808A e reforma CT Mollabao.

Examinado o proxecto de execución, conclúese que consiste na realización das seguintes actuacións na rúa Licenciado Molina e na avenida de Mollabao, no concello de Pontevedra:

– Reforma do centro de transformación Mollabao (36CG76) de 250 kVA.

– Desmontaxe dun total de 498 metros da liña de media tensión aérea LOZ806 e LOZ807A e retirada de 7 apoios de formigón e 3 apoios de celosía.

– Desmontaxe de parte dos tramos LOZ8060441, LOZ807A0717, LOZ8060462 e LOZ807A0708 da liña de media tensión subterránea.

– Instalación dunha liña eléctrica de media tensión de 1322 metros de lonxitude.

Segundo. Esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas, isto é, o Concello de Pontevedra, a Axencia Galega de Infraestruturas e a Demarcación de Estradas do Estado. A empresa promotora manifestou a súa conformidade cos condicionados emitidos pola Demarcación de Estradas do Estado e polo Concello de Pontevedra.

A Axencia Galega de Infraestruturas non emitiu ningún condicionado técnico, polo que entende, en consecuencia, a súa conformidade coa autorización de construción da dita infraestrutura eléctrica, conforme o disposto no artigo 131 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sen prexuízo da autorización que lle corresponda outorgar.

Consideracións legais e técnicas:

Primeiro. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 230/2020, do 23 de decembro, da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se establece a estrutura orgánica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (DOG núm. 5, do 11 de xaneiro de 2021) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segundo. A lexislación de aplicación a este expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba no Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

– A Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro).

Terceiro. As características técnicas da instalación son as que a seguir se describen:

– Desmontaxe dun total de 498 metros da liña de media tensión aérea LOZ806 e LOZ807A en condutor LA-110 desde o apoio A1R7746C//D1 ata o apoio A21HB10M//D11 e retirada de 7 apoios de formigón e 3 apoios de celosía.

– Desmontaxe de parte dos tramos LOZ8060441, LOZ807A0717, LOZ8060462 e LOZ807A0708 da liña de media tensión subterránea en condutor RHZ1.

– Liña de media tensión subterránea (LMTS) a 20 kV con condutor tipo RHZ en tres actuacións. A primeira actuación ten 62 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Mollabao (36CG76) e final no apoio existente A21HB10M//D11. A segunda actuación é de 630 metros de lonxitude co orixe na LMTS LOZ8060441 e final na LMTS LOZ8060462. A terceira actuación é de 630 metros de lonxitude con orixe na LMTS LOZ807A0717 e final na LMTS LOZ807A0708.

– Reforma interior no centro de transformación Mollabao consistente en substituír o bloque de celas compacto 2L1P por un bloque de celas modulares 2L1P telecontrolado por GPRS/FO e cela de liña modular telecontrolado por GPRS/FO.

As instalacións están situadas na rúa Licenciado Molina e na avenida de Mollabao, no concello de Pontevedra.

Conforme con todo o indicado,

resolvo:

Primeiro. Outorgar á empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. as autorizacións administrativas previa e de construción da instalación de distribución de enerxía eléctrica denominada recuamento LMT DC LOZ806-LOZ807A, LMTS LOZ808A e reforma CT Mollabao, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Segundo. A empresa UFD Distribución Electricidad, S.A. asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que en todo momento se manterán as condicións regulamentarias de seguridade. En todo momento deberanse cumprir as normas e directrices vixentes que resulten de aplicación, en particular, canto establece o Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 e o Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

Terceiro. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que xulguen pertinente.

Pontevedra, 20 de maio de 2022

Tomás Nogueiras Nieto
Xefe territorial de Pontevedra