Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Venres, 17 de xuño de 2022 Páx. 35040

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO da oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal.

Mediante Decreto da Alcaldía 2022-0213, do 27 de maio de 2022, aprobouse a oferta de emprego público excepcional para a estabilización do emprego temporal do Concello de Meis, segundo o previsto no artigo 2 e nas disposicións adicionais sexta e oitava da Lei 20/2021, do 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público. En cumprimento da citada resolución, procédese á publicación da oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Meis, pola que se ofertan as seguintes prazas:

Persoal laboral:

Vacantes

Praza

Grupo

Antigüidade

Sistema de acceso

1

Arquitecto/a

 I

2015

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Asesor xurídico

 I

2007

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Informador xuvenil/técnico cultura

II

2008

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Técnico sociocultural

III

2008

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Monitor deportivo

III

2007

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Auxiliar administrativo

IV

2009

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

2

Operario servizos varios

IV/V

2008/2009

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

1

Limpador/a

IV/V

2008

Concurso (DA 6ª Lei 20/2021) 

En cumprimento do artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e o artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, publícase a oferta de emprego público para a estabilización do emprego temporal do Concello de Meis.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, pode interpor alternativamente ou recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade cos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra, no prazo de dous meses, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa. Se se opta por interpor o recurso potestativo de reposición non poderá interpor recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación por silencio.

Meis, 27 de maio de 2022

Marta Giráldez Barral
Alcaldesa