Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34749

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO de promoción interna de tres prazas de persoal laboral administrativo.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 25 de abril de 2022 aprobáronse as bases e as convocatorias para prover prazas de persoal do Concello de Sanxenxo de:

– Tres postos de traballo de administrativos (persoal laboral), equivalente a grupo C/subgrupo C1. A través do sistema de concurso-oposición restrinxida mediante o procedemento de promoción interna.

O anuncio da convocatoria e das bases xerais e específicas están publicadas no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, do 13 de xuño de 2022.

O prazo de presentación de instancias para as convocatorias será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na sede electrónica do Concello de Sanxenxo https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal e cando cumpra, segundo a normativa vixente, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Sanxenxo, 10 de xuño de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente