Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34750

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilagarcía de Arousa

ANUNCIO da convocatoria para cubrir unha praza do subgrupo C1 da escala de Administración especial pola quenda de promoción interna.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 94, do 18 de maio de 2022, publicáronse integramente as bases aprobadas por Resolución da Alcaldía, do 23 de marzo de 2022, e Acordo da Xunta de Goberno Local, do 2 de maio de 2022, da convocatoria para a cobertura dun empregado/a público/a para unha praza do subgrupo C1 da escala de Administración especial, por quenda de promoción interna.

O prazo de presentación de instancias para solicitar tomar parte na respectiva proba selectiva é de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Vilagarcía de Arousa, 24 de maio de 2022

Alberto Varela Paz
Alcalde presidente