Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Xoves, 16 de xuño de 2022 Páx. 34748

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sanxenxo

ANUNCIO polo que se publica a convocatoria para a provisión de varias prazas.

Por Resolución da Alcaldía aprobáronse as bases e as convocatorias para prover varias prazas de persoal no Concello de Sanxenxo:

Tres postos de traballo de administrativo/a, grupo C, subgrupo C1, escala Administración xeral, subescala administrativa, clase administrativos/as de entidade local, a través do sistema de concurso-oposición restrinxido mediante o procedemento de promoción interna.

O anuncio da convocatoria e das bases xerais e específicas está publicado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 89, do 10 de maio de 2022.

O prazo de presentación de instancias para as convocatorias será de 20 días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria faranse públicos na sede electrónica do Concello de Sanxenxo https://concellodesanxenxo.sedelectronica.gal e cando cumpra, segundo a normativa vixente, no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.

Sanxenxo, 10 de maio de 2022

Telmo Martín González
Alcalde presidente