Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Mércores, 15 de xuño de 2022 Páx. 34573

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO da convocatoria de varios procesos selectivos.

Nos boletíns oficiais da provincia da Coruña núm. 249, do 31.12.2021 e núm. 36, do 22.2.2022, publicáronse as bases aprobadas por resolución da Concellaría Delegada de Economía, Facenda e Réxime Interior, por delegación da Xunta de Goberno Local, do 28.12.2021, e as súas respectivas correccións, relativas ás seguintes convocatorias:

– 1 praza de oficial/a do SEIS (subgrupo A2). Promoción interna. CE 17/18.

– 3 prazas de axudante/a de cemiterio (grupo AP). CE 5/21.

– 1 praza de técnico/a superior de informática (grupo B). CE 15/18.

– 1 praza de técnico/a medio/a de informática (subgrupo A2). CE 14/18.

– 1 praza de técnico/a superior de economía (subgrupo A1), CE 6/17.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 19 de maio de 2022

A Xunta de Goberno Local
P.D. (Acordo do 3.7.2019)
Manuel Ángel Jove Losada
Director de Economía, Facenda e Réxime Interior