Estase a tramitar unha modificación substancial por incremento de superficie da concesión administrativa para a regularización de liñas eléctricas existentes de media e baixa tensión soterradas e centro de transformación no dominio público portuario de Camelle, de acordo cos proxectos básicos LMTS CTC Camelle praia a CTC Rociñas e RBTS, Camelle (concello de Camariñas, A Coruña), asinado o 1 de decembro de 2020 e a modificación substancial regularización de liñas eléctricas MT e BT, porto de Camelle, asinado o 9 de marzo de 2022, ambos os dous asinados polo enxeñeiro industrial Javier Bouza Cabarcos, colexiado número 867.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 23 de maio de 2022
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro