Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 113 Martes, 14 de xuño de 2022 Páx. 34435

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ACORDO do 13 de maio de 2022, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se someten a información pública as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico), en relación co proxecto do parque eólico ampliación Vilachá, nos concellos de Ourol e Muras (expediente IN408A 2019/106).

En cumprimento do disposto na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, e pola Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia; na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental; na Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia, e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a continuación.

Antecedentes:

– O 18.12.2019, Sociedad Eólica de Ourol, S.L. presentou solicitude de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial para o proxecto denominado parque eólico ampliación Vilachá (expediente IN408A/2019/106), ao abeiro da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental.

– O 15.5.2020 notificóuselle ao solicitante o cumprimento dos requisitos a que fan referencia os artigos 30 e 31 da Lei 8/2009, do 22 de decembro.

– O 13.4.2021, a Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo emitiu informe sobre o proxecto sectorial do parque eólico, de acordo co previsto no artigo 33.7 da Lei 8/2009, onde se indica que o aeroxerador cumpre a distancia mínima de 500 m a núcleos de poboación.

– De acordo co artigo 33.9 da Lei 8/2009, con data do 28.3.2022 a dirección xeral competente en materia de enerxía achegou a esta xefatura territorial o expediente, para continuar coa súa tramitación ata completalo e remitilo ao dito centro directivo, conforme o artigo 33.16 da Lei 8/2009.

– Os datos do proxecto son os seguintes:

Solicitante/promotor: Sociedad Eólica Ourol, S.L. (NIF B15883424).

Domicilio social: rúa Wenceslao Fdez. Flórez, nº 2, entresollado, porta A, 15005 A Coruña.

Denominación do proxecto: proxecto parque eólico ampliación Vilachá 4,2 MW.

Situación: concellos de Ourol e Muras (Lugo).

Áreas de desenvolvemento eólico (ADE): Ourol.

Potencia instalada: 4,2 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 1.

Produción neta anual: 15.014 MWh/ano.

Orzamento de execución material: 3.365.803,92 €.

Coordenadas perimetrais da poligonal do parque eólico:

ETRS89 H29

UTM-X (m)

UTM-Y (m)

P1

610.975

4.819.786,5

P2

611.075

4.820.565,5

P3

611.975

4.820.565,5

P4

612.125

4.819.786,5

Coordenadas de localización do aeroxerador:

Aeroxerador

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

AV-01

611.385

4.820.321

Coordenadas da envolvente do centro de control existente en que se realizará a conexión da rede colectora 30 kV:

Punto

ETRS89 H29

UTM-X

UTM-Y

V1

611.932

4.819.809

V2

611.940

4.819.821

V3

611.957

4.819.808

V4

611.950

4.819.797

Características técnicas principais das instalacións:

– Un (1) aeroxerador modelo Enercon L136 LP4 de 4,2 MW de potencia nominal unitaria, con 120 m de altura de buxa, de 136 m de diámetro de rotor co seu correspondente centro de transformación, instalado no interior do aeroxerador con potencia de 4.500 kVA e relación de transformación 0,69/20 kV.

–- Rede de media tensión soterrada para a evacuación de enerxía a 20 kV, e interconexión entre o centro de transformación 0,69/20 kV e o centro de control do parque xa existente (de onde partirá a liña aérea para a evacuación da enerxía producida nel cara á subestación máis próxima) composta por 1 circuíto con condutor tipo HEPRZ1 Al 3x1x(120)/25 mm2 18/30 kV.

– Obra civil consistente en vía de acceso ao aeroxerador, cimentación, plataforma do aeroxerador e gabia de cables.

Órgano competente: o órgano competente para autorizar o proxecto da referida instalación eléctrica é a Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais.

Procedemento de avaliación ambiental: o proxecto da referida instalación eléctrica está suxeito a avaliación de impacto ambiental ordinaria, segundo o establecido no artigo 7.1.a) da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental.

Obxecto da información pública:

– Proxecto de execución (de xaneiro de 2022) das instalacións para os efectos da súa autorización administrativa previa e de construción.

– Estudo de impacto ambiental (de xaneiro de 2022).

– Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal (de interese autonómico, de xaneiro de 2022).

O que se fai público, de conformidade co artigo 33 da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, e demais normas anteriormente citadas, para coñecemento xeral, e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren afectadas nos seus dereitos ou intereses, poidan examinar a documentación técnica anteriormente relacionada e, se é o caso, presentar as alegacións ou observacións que consideren oportunas dentro do prazo de trinta (30) días, que se contarán a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A documentación estará á disposición das persoas interesadas en formato electrónico, nas dependencias da Sección de Enerxía da Xefatura Territorial de Lugo da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (rolda da Muralla, núm. 70, baixo 2º, 27071 Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa no correo electrónico enerxia.lugo@xunta.gal ou nos teléfonos 982 29 46 54 e 982 29 46 56, así como nos concellos de Ourol e Muras (Lugo).

Ademais, poderase consultar no portal web da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación na seguinte ligazón:

https://ceei.xunta.gal/transparencia/parque-eolico/vilacha

Lugo, 13 de maio de 2022

Gustavo José Casasola de Cabo
Xefe territorial de Lugo