Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración ás persoas que figuran como expropiadas no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT BOI808 TC, apoio 74, no concello de Rianxo (expediente IN407A 2020/73-1), correspondente ao predio e á titularidade que se sinala no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 1 de xuño de 2022
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2020/73-1.
Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.
Denominación da instalación: LMT BOI808 TC, apoio 74.
Concello: Rianxo.
Predio |
Lugar |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
1 |
Pedreira |
Descoñecida |
29.7.2021 |