Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Luns, 13 de xuño de 2022 Páx. 34289

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

ORDE do 1 de xuño de 2022 pola que se extingue, de oficio, a autorización do centro privado CENP da Coruña por cesamento de actividades docentes.

Mediante a Orde do 5 de xullo de 2006, publicada no DOG número 150, do 4 de agosto, autorízase a apertura e funcionamento do centro privado (CPR) CENP da Coruña, para impartir ensinanzas de ciclos formativos de formación profesional; autorización que foi modificada pola Orde do 11 de febreiro de 2013, publicada no DOG número 55, do 19 de marzo.

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos incoa o expediente de extinción da autorización do centro docente, de conformidade co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por canto antecede, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Extinción da autorización

Extinguir, de oficio, por cesamento nas súas actividades docentes, a autorización do centro privado CENP da Coruña, código 15032595, con efectos do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 2. Inscrición no rexistro de centros

A extinción da autorización dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Recursos

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2022

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades