Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Mércores, 8 de xuño de 2022 Páx. 33758

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 24 de maio de 2022 pola que se emprazan os interesados no procedemento ordinario 124/2022, no expediente de reposición da legalidade POL/552018.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado polo Xulgado do Contencioso-Administrativo núm. 3 de Pontevedra, en relación co procedemento ordinario núm. 124/2022, interposto pola asociación con NIF G36055341 e a persoa con DNI 35292659X, contra a resolución desestimatoria ditada polo director da Axencia de Protección da Legalidade Urbafnística o 25.2.2022, no recurso potestativo de reposición, interposto contra outra do 12.2.2020 (expediente POL/55/2018), en que se impón unha sanción como responsables da comisión da infracción grave tipificada na Lei de costas e se ordena a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior ao da comisión da infracción, debendo proceder á completa retirada do quiosco da parte frontal, dos aseos situados na parte central do recinto e a plataforma en que se apoia a caseta prefabricada de madeira, ata deixar a parcela vacante, esta dirección resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Xulgado do Contencioso-Administrativo número 3 de Pontevedra.

Ao non poder realizarse a notificación persoal do emprazamento, mediante a presente cédula (que ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, de procedemento administrativo común das administracións públicas, se lle notifica por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado) emprázase a persoa con DNI 35929439N para que poida presentarse como interesada nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2022

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística