Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33459

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Lugo

ANUNCIO do extracto da convocatoria, das bases xerais e das bases específicas do proceso selectivo para o ingreso como funcionario de carreira en oito prazas de auxiliar de sala, da oferta de emprego de 2019.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo (BOP) número 101, do 6 de maio de 2021, publícanse as bases xerais que regulan os procesos selectivos que convoca a Deputación Provincial de Lugo para cubrir prazas vacantes do cadro de persoal funcionario ou laboral fixo incluídas nas ofertas de emprego público de acceso libre (cota xeral e cota de discapacitados).

Nos BOP números 105, do 9 de maio de 2022, e 108, do 12 de maio de 2022 (corrección de erro material), publícanse a convocatoria e as bases específicas que rexerán polo sistema de concurso-oposición o proceso selectivo, en quenda libre, de:

Oito (8) prazas, pertencentes á escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, praza de cometidos especiais, grupo C, subgrupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria das bases no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, publicaranse no BOP de Lugo, no taboleiro de edictos desta entidade e na páxina web da Deputación Provincial.

Lugo, 13 de maio de 2022

O presidente da Deputación Provincial de Lugo
P.D. (Decreto do 26.7.2019)
Pablo Rivera Capón
Deputado delegado da Área de Promoción Económica e Social