Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Martes, 7 de xuño de 2022 Páx. 33460

VI. Anuncios

b) Administración local

Padroado Municipal Monte Santa Trega (A Guarda)

ANUNCIO da oferta de estabilización do emprego público (expediente 982/2022).

Mediante a Resolución da Presidencia do 3 de maio de 2022 apróbase a oferta de estabilización do emprego de longa duración do Padroado Municipal Monte Santa Trega, que contén os seguintes postos de traballo:

Denominación da praza: cobrador.

Clase de persoal: laboral.

Número de vacantes: 1.

Sistema de acceso: concurso de méritos.

A Guarda, 13 de maio de 2022

Antonio Lomba Baz
Presidente do Padroado Municipal Monte Santa Trega